Venres. 19.04.2024
El tiempo

O ceense Fran Caamaño entra cunha renovación moderada na Secretaría Provincial do PSOE

O ceense Fran Caamaño entra cunha renovación moderada na Secretaría Provincial do PSOE

O ceense Fran Caamaño, con que falabamos hai un par de semanas, é o novo Secretario Xeral da provincia do PSdG da Coruña. O exministro obtivo o apoio de 106 delegados, frente aos 37 votos de Lage Tuñas e os 36 de Valentín González. E o fixo nunha votación na que a Costa da Morte tivo moito peso.

Caamaño, que nos aseguraba que facía falta un serio proceso de renovación no seo do partido, contou con moitos dos máis veteranos do partido para substituír a Fernández Moreda.

Así e todo, na Costa, hai bastantes caras novas. Mantéñense na Executiva o muxián Samuel Lago en Medio Rural e Marisol Soneira en Pesca. Entran no Comité Provincial o representante de Zas, o de Carnota, Anabel Piñeiro dende Cee, Lucía González dende Corcubión e Caridad González dende Muros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios