O CEIP Praia de Quenxe abre as súas portas para atraer novas matrículas


Cada vez hai menos alumnos no CEIP Praia de Quenxe. A proximidade da vila da Xunqueira, a moda dos centros concertados e algún que outro prexuízo fan que moit@s pais e nais decidan levar ao neno a outros colexios. sen reparar que en Corcubión hai un centro tremendamente completo e comprometido.
Así, a dirección, con motivo da próxima apertura do prazo de solicitude de admisión nos centros educativos, que será desde o 1 ao 20 de marzo, abre as portas do centro durante este mes e ata o fin do prazo de admisión. Son unhas xornadas de portas abertas para que as nais e os pais poidan vir informarse e coñecer as súas instalacións.
O equipo directivo do colexio, con Martina Trillo como Directora e mestra de Educación Musical, Francisco León como Xefe de Estudios e mestre de Educación Física, e Bárbara Castro como Secretaria e mestra de Educación Primaria, recibirán a todos aqueles interesados para darlles a coñecer o noso centro.
O horario de apertura é os martes de 12:10h a 13:00h; os mércores de 15:00h a 16:10h e os venres de 10:00 a 10:50h.
Novas relacionadas
- A ANPA Alén pide unha cociña directa.
- A caldeira do CEIP Praia de Quenxe provoca un vertido de 3.000 litros de gasoil.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).