Martes. 30.11.2021
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría, o único en España sen Acordo Macro, volve ás concentracións

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría, o único en España sen Acordo Macro, volve ás concentracións
Concentración do do pasado venres dos traballadores de Ferroatlántica en Cee-Foto-Rafa Quintáns Imaxe dunha Concentración en febreiro do ano pasado dos traballadores de Ferroatlántica en Cee-Foto-Rafa Quintáns Esta semana incorporouse acordo marco de Ferroatlántica a todos os convenios do grupo Ferroglobe en España. Todos excepto o de Cee-Dumbría-CCHH, que fican como o último bastión da loita social por manter unhas condicións de traballo dignas. O Comité de Empresa, con maioría da CIG, incide que “non imos aceptar un acordo asinado dende Madrid, porque non comulgamos co Acordo Macro que rubricaron UGT e CCOO”, explica Alfonso Mouzo. Un Acordo Macro que tamén se aprobou en Sabón, onde tamén ten maioría no Comité a UGT, pero onde a situación é diferente: Sabón perdiu cartos e Cee-Dumbría tivo o ano pasado moitos beneficios. Son argumentos indiscutibles que fan que “os traballadores sigan ilusionados, con folgos, con ánimos de seguir loitando e confiando neste Comité, que demostrou sobradas capacidades para sacar o convenio no centro de traballo adiante”, explica Mouzo. Tanto, que o pasado venres, na Asemblea de Traballadores, decidiron volver as concentracións dos mércores. “Tivemos, en teoría, 5 reunións coa Direccións, pero foron moi curtas, pero nin nos achegamos porque non queren negociar, só nos din que hai que comer o acordo Macro, e polo tanto toca volvermos á loita”. Deste xeito, este mércores, ás 18:30h, nova concentración ás portas da fábrica de Brens. Os traballadores confián en que a loita remate cun convenio en centro de traballo positivo para os traballadores, moi parecido ao que agora hai. “Seguiremos intentando que a empresa veña negociar e non a impoñer”, pero non descartan volver a convocar unha folga como a do pasado ano. Unha folga sobre a que precisamente houbo unha sentenza xudicial que declaraba nulos, por abusivos, os servizos mínimos impostos pola empresa.

Arbitraxe

Dende a CIG supoñen que a resolución pasará pola Arbitraxe, para conseguri un Acordo galego de solución extraxudicial de conflitos no traballo (AGA) que consiga un convenio colectivo en Centro de Traballo que sexa xusto para os traballadores.

Historia do Caso Ferroatlántica

Artigos relacionados

Fonte

comentarios