Mércores. 01.04.2020
El tiempo

O Concello de Cee envía o seu primeiro boletín municipal dixital

O Concello de Cee envía o seu primeiro boletín municipal dixital
Captura do primeiro Boletín Informativo do Concello de Cee

Este mediodía de martes 2 de outubro foi enviado o número 1 Boletín Informativo Municipal Dixital do Concello de Cee. A newsletter, promocionada pola Concellaría de Promoción económica, Emprego, Parque empresarial e Novas tecnoloxías, que dirixe o tenente de alcaldesa Daniel Oca, achega a todos aqueles veciños que se fagan suscritores, a máis novedosa e interesante información sobre o Concello.

O obxectivo desta ferramenta municipal, xestionada pola empresa Galinus, é o de manter informada á cidadanía ceense de canto acontece no concello e permitir un diálogo constante a través das novas tecnoloxías.

A estrutura da publicación, como vemos na imaxe, estará composta dun corpo central de novas e unha serie de seccións fixas: axenda, atención á cidadanía (buzón de queixas e suxerencias), perfil do contratante e consulta de boletins anteriores.

Suscrición

O boletín informativo funciona mediante a suscripción voluntaria. As persoas que estean interesadas en recibir as publicacións terán que completar un formulario que está dispoñible na marxe esquerda da páxina web municipal (www.concellocee.es). Importante é o feito de confirmar a suscrición aceptando un correo que envía de volta a plataforma.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.

comentarios