Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Concurso de Murais de Lar rescatou os Fondos Mariños

O Concurso de Murais de Lar rescatou os Fondos Mariños

Xa sabemos cales foron os gañadores do V Concurso de Murais de Azulexo que artella Suministros Lar. Pero iso é o de menos, pois a proposta é máis educativa que competitiva.
Este ano, a entidade deulle unha volta á proposta e convertiu os murais en Velas de barco (unhas pezas de máis de 1.000 kg suxeitos a unha base de ferro en forma de Ombreiro de Mar) para facer reflexionar aos case 300 alumnos dos 11 centros participantes (8 centros educativos ademais dos centros de Aspadex, Apem e como novidade Íntegro) sobre a riqueza dos nosos Fondos Mariños.

Con ese toque de sensibilización medioambiental transcorreu a entrega de premios este venres 8 de xuño de 2012. E os centros con máis experiencia seguen demostrando o seu poder. Volveu gañar o IES Agra Raíces cos seus "Anacos de Mar".
O 2º premio foi para o Cabo da Area de Laxe, que traía uns inquietantes "Misterios do mar".
Outros que sempre levan premio, o IES Maximino Romero de Lema de Baio, este ano non fallou coa súa reflexión feita mural "Veu visitarme o mar".
Houbo novidades, iso si, o Manuela Rial, un dos novos que levou premio, desta volta, á Creatividade polas súas "Ondas de Memoria", que mesturaron historia e arte.

O Xurado cada ano está máis profesionalizado, e desta volta puidemos ver aos xa coñecidos Nacho Porto e Juan Creus, acompañados por Antón Castro, escritor, doutor en Historia do Arte pola Complutense de Madrid.

Formación e Integración

A verdade é que o certame está servindo para que os Centros de ensino fagan unha labor completa arredor do mesmo. I é que os alumnos aprenden de todo case sen darse conta: coñecen os materiais, traballan en equipo, establecen responsabilidades, realizan un proxecto en todas as súas fases, valoran o traballo dos colocadores, achéganse ao mundo profesional real...
Cómpre destacar que nos centros hai un traballo interdepartamental tremendo. Involúcranse o de plástica, o de ciencias, o de informática, o de galego, lingua castelá e lingua inglesa, e o de matemáticas. Traballan todos coordinados para un proxecto común, e por exemplo os de lingua preparan as memorias, en informática preparan a memoria en soporte informático ademais de facer montaxes de vídeo achega do proceso de elaboración do mural, na clase de matemáticas fixeron uns cálculos acerca da cantidade de pezas que o número levase pegados que veñen sendo unhas 6.000 pezas por número...

E que podemos dicir da fantástica a participación das entidades para discapacitados da zona, como son APEM e Aspades dende Cee, e Íntegro dende Cabana. Aquí vemos aos alumos do taller de enmarcación de Aspadex, dos que podedes coñecer un pouco mellor como preparon o mural a través do seu blog. Demostraron ademais a picardía que teñen e non esqueceron unha referencia imprescindible cando falamos de Fondos Mariños: Bob Esponxa, "Unha nova especie no mar”!

Obras presentadas

Podedes pasar polo Facebook de Suministros Lar para ver os murais e unha galeria da entrega de premios.

InstitutosTítulo da obra
CEIP Manuela Rial Mouzo de CeeOndas de Memoria
IES Fernando Blanco de CeeNon Contamines o Mar
IES Maximino Romero de Lema de BaioVeu visitarme o mar
IES Agra de Raíces de CeeAnacos de Mar
IES A Picota de MazaricosPoema Submariño
CEIP Cabo da Area de LaxeOs misterios do mar
IES Terra de Soneira de VimianzoNo Fondo do Mar
IES Monteneme de CarballoFondos Mariños
ApemLendes de serea
AspadexHai unha nova especie no mar
ÍntegroFondos mariños

Novas relacionadas

Comentarios