![sepe-cee]()
As novas oficinas do servizo de emprego ubicaranse na antiga casa consistorial de Cee unha vez feitas as obras de rehabilitación
O director provincial do
SEPE - Servizo Público de Emprego Estatal -, Miguel Planas, visitou onte a antiga casa consistorial de Cee onde nun futuro se prevé ubicar a oficina de emprego.
Para iso, será necesario realizar as obras de rehabilitación exterior e interior do edificio coas que o concello conta cunha partida de 122.630,40 euros, procedentes do Plan Único da Deputación da Coruña. No inmoble, situado na praza da Constitución, será necesario facer unha reparación da cuberta, mosaicos, azulexos e ornamentos, a substitución completa da carpintería exterior do edificio, a dotación de falsos teitos no segundo andar e a demolición dunha cornisa e outras estruturas que se atopan nun importante estado de deterioro.
Durante a súa visita, o director provincial do SEPE estivo acompañado do alcalde de Cee - Ramón Vigo, e de persoal da delegación ceense do Servizo Público de Emprego Estatal.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Cee