O Entroido de Cee bailou a ritmo da Rueirada
Cee pechou o seu entroido, como xa é habitual no Sábado de Piñata, co Concurso de Fisfraces nas categorías de parellas, carrozas e comparsas. Notable afluencia de público tanto polas rúas da vila coma no pavillón municipal, a pesar das malas condicións meteorolóxicas da fin de semana. O desfile de carrozas estivo moi deslucido polo tempo, e nel asistimos a temáticas moi diversas con guiños ás culturas rusa ou chinesa, ademais do afundimento do Titanic.
Xa no pavillón, as tres parellas participantes e as nove comparsas desfilaron por diante dunha bancada ateigada. ata a bandeira. O acto estivo presentado por Paco G. Cobas, do programa da TVG “Pillados nas patacas”, acompañado de Víctor Castiñeira, o verdadeiro armadanzas destas actividades. E en canto a comparsas, 9 grupos batiron todas as marcas do certame da vila da Xunqueira, pois participaron equipos chegados dende o propio concello de Cee, coma Gures ou Lires, de Fisterra, Louro, Ponte do Porto, Vimianzo, Corcubión ou Dumbría. Algunhas xa pasaran por outros entroidos, pero outras facían a súa estrea.
Paco G. Cobas e Victor Castiñeira no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Rueirada gañou o Concurso de Comparsas de Cee-Foto-Rafa QuintansOs grandes triunfadores da tarde foron os membros da comparsa A Rueirada de Louro, que co seu espectáculo de baile ruso, gañáronse o recoñecemento do público e dos membros do xurado, e levou os mellores premios, o da Mellor Carroza e o da Mellor Comparsa, sumando un total de 1200€ en premios. Os dumbrieses Buxantes Calidade e Os da Charca de Fisterra foron as outras comparsas gañadoras, repartíndose o resto de premios. Os fisterráns foron a 2ª mellor comarsa coa 3ª mellor carroza, ao revés que os dumbrieses.
Por detrás, tamén levaron premio Los Niños de Coro de Fisterra, a Aldea Gala de Lirex e o Titanic de Gures, Alicia no País das Marabillas de Corcubión, os Imos contar un conto da Trubisquiña de Vimianzo e Ponte a Bailar, da Ponte do Porto. Ademais foi total a participación dos pequechos, fóra de concurso, dos Mini StarWars, que fixeron as delicias dos veciños.
Os Ministar Wars de Cee-Foto-Rafa Quintans Os da Charca de Fisterra no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Buxantes Calidade no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Los Niños del Coro no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Lirex no Entroido de Cee--Foto-Rafa Quintans Alicia no Pais das Marabillas de Corcubion no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Titanic de Gures no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans A Carroza do Titanic de Gures-Foto-Rafa Quintans Festa final do Entroido de Cee-Foto-Rafa QuintansNovas relacionadas
- Entroido Cee 2016: Os centros de ensino queceron o entroido de Cee.
- Entroido Cee 2015: Menudo nivelón no Entroido de Cee.
- Entroido Cee 2014: O Entroido de Cee batíu marcas de participación e retranca.
Máis novas entroideiras
- A Mikaela, o Cayetano, o Facundo, o Percebe, a Sardiña e o Polbo, os protagonistas do peche do Entroido na Costa da Morte.
- O gran Entroido “peatonal” de Fisterra.
- Desembarco Pirata no Entroido malpicán.
- O Entroido de Dumbría supera as mellores marcas.
- A imaxinación puido co frío e a choiva no Entroido carballés.
- Os centros de ensino queceron o entroido de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).