O Entroido de Cee volveu bailar a ritmo da Rueirada
Fermosa festa a vivida neste Sábado de Piñata no Entroido de Cee. Despois das festas dos escolares, era o turno do ben recoñecido Desfile e Concurso de Comparsas. O tempo permitiu desenvolver o fermoso desfile polas rúas da vila, e lucir as tan traballadas carrozas, para pasar todo o pobo ao pavillón a disfrutar das actuacións.
Ambientazo para ver as 10 comparsas chegadas de todas partes da bisbarra: Os Trotámúsicos de Fisterra, o Club de Remos de Muros, os Muros Superbowl, A Rueirada de Louro, Furor en la pista de Arteixo, Yo-Gures de idem, Mundo Picapiedra de Cee, Ponte a bailar da Ponte do Porto, Non tá o forno pá bolos de Vimianzo e Os da Charca de Fisterra. Case medio millar de persoas pàrticipando no certame dá conta de todo o que move o entroido pola volta.
De feito, os gañadores foron os da Rueirada de Louro, por segundo ano consecutivo, con máis de 70 persoas participando cuns disfraces tremendamente traballados. Os loureáns venceron na categoría de comparsas e tamén na de carrozas.
Os da Charca, a pesar da súa mocidade, demostraron a arte que hai en Fisterra e despois de levar o segundo premio na casa e vencer no de Dumbría, subiron ao segundo peldaño do entroido ceense coas súas sátiras. Ademais, levaron o 3º premio no certame de carrrozas.
O terceiro premio tamén foi para a vila do Cristo, para eses Trotamúsicos que levaron a Arca de Noé bautizada co #Medreomar típico do teniente alcalde fisterrán nas redes sociais. Para el, e para toda a clase política local, foron dirixidas os máis ácedos versos.
Por detrás, o cuarto premio, foi para a Comparsa Club de Remo Muros, e o quinto premio, para Muros Superbowl, que levou ademais o segundo premio de Carrozas. 6ª foi a vimiancesa Non tá o forno pá bolos (Asoc. Cult. Trubisquiña). 7º os veciños das Caldeiras con Yo-Gures, por diante do Mundo Picapiedra e de Ponte a Bailar.
Ambientazo no entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans 70 integrantes ten a comparsa gañadora, a Rueirada de Louro-Foto-Rafa Quintáns Yo-Gures no entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Mundo Picapiedra no entroido de Cee-Foto-Rafa QuintánsO Home espello, o Home premio
O Home Espello de Rafa Quintáns arrasou por todos os EntroidosE temos que facer unha parada especial en Rafa Quintáns, que ademais de ter tempo para sacar centos de fotos, gañou tamén o 1º premio do concurso individual de disfraces. E xa era esperado, pois este Home espello xa quedou campión en Vimianzo, Dumbría e Baíñas, ademais de gañar o segundo premio en Muxía e a Serra de Outes… Aí é nada!!
Novas relacionadas
- Entroido 2017: A retranca e as artes escénicas fisterrás triunfan no Entroido de Dumbría.
- Entroido 2017: As comparsas agudizan a crítica en Fisterra.
- Entroido 2017: APEM trasladouse ao Lonxano Oeste e o Centro Social foi de foliada polo Entroido.
- Entroido 2017: Os escolares abriron o Entroido ceense.
- Entroido 2016: O Entroido de Cee bailou a ritmo da Rueirada.
- Entroido 2016: Os centros de ensino queceron o entroido de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).