Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Eugenio López mellora a súa dotación informática para romper a fenda dixital

O Eugenio López mellora a súa dotación informática para romper a fenda dixital
Acto de entrega dos novos ordenadores ao CEIP Eugenio Lopez Acto de entrega dos novos ordenadores ao CEIP Eugenio López

Boas novas para o CEIP Eugenio López, de Cee, que recibía esta mañá a visita do director da Zona Noroeste de Ferroatlántica, Carlos Oliete, para facer entrega de tres ordenadores co obxectivo de mellorar a dotación informática do colexio.

Unha achega para seguir reducindo a fenda dixital, precisamente o principal obxectivo deste diario dende o seu nacemento, hai xa 8 anos.

Loitando contra a "fenda dixital"

O acto contou coa presenza de Xosé Cañizo, director do centro, e de representantes do equipo directivo e da AMPA respectivamente. Segundo explicou Xosé Cañizo, a aula está a disposición de todos os alumnos do centro, un total de 406 estudantes de entre 3 e 11 anos, aínda que resultará especialmente útil aos alumnos de 6º de Primaria que, por primeira vez, contan este curso cunha materia de Iniciación á Informática.

Actualmente, os 28 ordenadores da Aula de Informática do CEIP están en malas condicións pois notan o paso do tempo e das moitas mans que o usan, pero seguen funcionano. Ademais a dirección ten solicitado á Consellería a reposición de 12 CPU.
Respecto a dotación das aulas, o centro acaba de recibir 5 Kits dixitais Abalar para as cinco aulas de 5º e 6º (Pizarra interactiva Multiclass, proxector EPSON e un portátil realmente bo). O resto dos niveis educativos teñen unha dotación semellante: Pizarra ou pantalla, proxector e portátil.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios