mércores. 30.04.2025
El tiempo

O GES xa é unha realidade en Muros e Ponteceso deixando orfos a Vimianzo e Cee

O GES xa é unha realidade en Muros e Ponteceso deixando orfos a Vimianzo e Cee
Presentacion do GES de Muros-Foto-Quin Caamano

Cambio de cromos, parece tamén. O cambio dos Grumir (Grupo de Intervención Rápida) de Vimianzo e Cee polos GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipais) de Muros e Ponteceso deixa o centro da Costa da Morte algo orfo en materia de seguridade, onde o novo Mapa de Emerxencias esquece ás comarcas de Soneira e Fisterra, colocando os dous puntos vitais nos extremos da bisbarra.

A polémica, que saltaba a comezos de ano, xa deixaba claro alópor marzo que as intencións da Xunta eran claras e que tanto Vimianzo como Cee se podían ir despedindo das infraestruturas

Hoxe xa son unha realidade os GES de Ponteceso e de Muros. Como vemos na foto, onte, coa presencia da Alcaldesa Caridad González, era presentado o Grupo de Emerxencias Supramunicipal con base en Muros. O equipo está integrado por doce personas e contan con tres vehículos. As instalacións do GES de Muros, están situados nos baixos da Piscina Municipal.

O ámbito de actuación do GES de Muros serán os concellos de Carnota, Muros, Outes e Mazaricos. Mentres, o do GES pontecesáns serán os Concellos de Laxe, Malpica, Coristanco, Cabana e Ponteceso, o que o mapa de emerxencias non clarexa é que acontece coas comarcas de Fisterra e Soneira, que quedan cun Parque de Bombeiros en Cee, e con só dous integrantes do extinto Grumir en Vimianzo. Pode ser que o Concello de Vimianzo prolongue a vida útil do Grumir con máis contratacións municipais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios