O Gran Fondo do Ézaro obriga a cortar puntualmente algunhas estradas da zona
08:12 29/06/17
Puntos de interese do Gran Fondo do Ézaro
Xa está todo preparado para que o vindeiro domingo, día 2, se celebre o Gran Fondo do Ézaro. E para que o evento se desenvolva con total normalidade, a organización informa que será preciso cortar puntalmente algunhas estradas e accesos da zona así como tamén cabe a posibilidade de que se produzan retencións.
En concreto, cortarase o acceso á fervenza do Ézaro a vehículos dende as 10 horas do sábado ata as 18 horas do domingo. Os autobuses xa non poderán subir dende as 10 horas do venres, día 30.
Tamén se cortará a subida ao alto das Paxareiras dende Carnota - entre as estradas AC-550 e C-400 - dende as 13 ata as 15 horas do día 2. Poderase circular con precaución en sentido inverso, ainda que se esperan retencións.
Outra das estradas que estará cortada entre as 10 e as 10:40 horas do domingo é a que une a DP-2303 e a AC-400, na zona de Os Muíños, e a vía que leva a Dumbría polo cemiterio de Cores (AC-442 a DP-3404) dende as 10:30 ás 11:30 horas. TAmén estará cortado o vial que leva ao alto das Paxareiras por Abelleira entre as 12:10 e as 14:30 horas) en sentido descendente. En sentido ascendente poderá circularse con precaución.
Posibles retencións
Ademais das estradas que permanecerán cortadas, a organización do Gran Fondo do Ézaro advirte que se podan producir retencións noutros puntos tales como na AC-550 en dirección a Cee (entre as 9 e as 9:30 horas); na AC-552; na AC-443 e na DP-3404 en ambas direccións entre as 10:30 e as 11:40 horas; e pola DP-2303 en sentido Cee (entre as 11 e as 11:40 horas).
Tamén pode haber retencións na AC-550 dirección Muros, desde Cee ata Abelleira, na vía de acceso desde Carnota ao alto das Paxareiras pola AC-400 e na AC-550 en dirección ao Ézaro, dende o cruce de O Viso hata pasa polo enlace ao Ézaro.
Novas relacionadas
- Maio 2017: O Gran Fondo Ézaro – Costa da Morte xa conta con fornecemento eléctrico
- Marzo 2017: Álex Zülle e Serafín Zubiri, os primeiros grandes nomes dun Gran Fondo Ézaro que buscará chegar aos 1.500 ciclistas.
- Xaneiro 2017: O Turismo dumbriés medrou un 500% nos últimos 5 anos.
- Maio 2016: Cando a cultura e o deporte se convirten en motor económico.
Máis novas
- GF 2017: Volve o Muro: Aberto o prazo de inscrición para o Gran Fondo 2017.
- Vuelta 2016: La Vuelta volveu subir o Formigón do Ézaro e deixar a súa pegada na Costa da Morte.
- Gran Fondo 2016: O Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte reafírmase como referente nacional e como ideal reclamo turístico.
- Gran Fondo Ézaro 2015: Indurain e Chiapucci da man ata o Mirador do Ézaro.
- 2015: “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Desafío 2014: A épica marcou un Desafío do Atlántico pasado por auga.
- Vuelta 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
- Desafío 2013: O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
- Vuelta 2012: A Costa da Morte vibrou coa Vuelta.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).