![ceentral humor cee agosto 2016]()
A casa da Cultura de Cee será a vindeira semana a
CEEntral do Humor grazas ao festival composto por catro humoristas diferentes para cada tipo de público. Todas as citas comezan ás 21:30 horas.
O humor branco de
Sergio Pazos (día 2), caras tan coñecidas como
Pepo Suevos (3 de agosto) e
Isi (día 4 de agosto) ata o humor xuvenil de
David Perdomo (5 de agosto) terán cabida neste festival que se celebra por primeira vez en Cee.
O bono para as catro actuacións é de 20€ e tamén se poñerán á venda entradas soltas para cada espectáculo por 7€. O festival do humor está organizado por Rababiero promocións en conta coa colaboración do concello de Cee.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)