O IES Agra de Raíces prepara o fin de curso
08:05 14/06/18
O IES Agra de Raíces de Cee despedirá o curso académico 2017/2018 con varias actividades
Vai chegando ao seu fin o curso académico 2017/2018. E no IES Agra de Raíces de Cee xa teñen preparadas as actividades para a despedida. A primeira das citas será mañá ás 19:00 horas no auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee. Alí terá lugar o acto de gradación dous alumnos de 2º Bacharelato e do CAE (Ciclo Auxiliar de Enfermería) onde ademais de entregar os correspondentes diplomas aos alumnos que rematan os seus estudos no centro, haberá diferentes proxección audivisuales producidas polo propio alumnado, actuacións musicais en directo por parte dos propios alumnos, tanto de música pop como tradicional, actuacións de baile, etc.
A seguinte actividade será o 21 de xuño, cun recital de fin de curso cun breve concerto do alumnado de música de 4º ESO e a actuación do xograr contemporáneo Crispin de Olot, na que poderemos gozarán da interpretación de pezas musicais con instrumentos medievais e renacentistas.
E xa o 26 de xuño terá lugar o acto de entrega de premios aos mellores expedientes e a entrega de premios do concurso Lóxico-Matemático, coa presenza dalgún dos patrocinadores e a entrega de premios aos alumnos correspondentes e cunha actuación musical.
Novas relacionadas
- De viaxe a Roma e de comprometida Semana Cultural no IES Agra de Raíces de Cee
- O alumnado do IES Agra de Raíces coñece Redon, na Bretaña francesa.
- O IES Agra Raíces despediu o ano cos premios aos mellores expedientes
- A nova fornada de alumnos graduados do IES Agra de Raíces.
- O alumnado do IES Agra de Raíces visita Francia.
- O IES Agra de Raíces celebra a súa Semana Cultural
- O IES Agra de Raíces está de wiki-noraboa
- O Agra Raíces abre o seu Rastro Solidario.
- O Agra Raíces pechou o curso máis Solidario.
- Redacción QPC ([email protected])
- IES Agra de Raíces