Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O IES Agra Raíces culmina a súa formación cultural en Roma

O IES Agra Raíces culmina a súa formación cultural en Roma

Sempre recordamos a importancia de ver mundo en QPC. E máis en idades tempranas, por iso valoramos estas viaxes ao estranxeiro en idade escolar, moito máis que as visitas a centros de ocio cheos de piscinas e toboganes.

Desta volta seguimos cos rapaces do IES Agra de Raíces de viaxe cultural, como cada ano, a capitais europeas onde os alumnos que rematan a Ensinanza Secundaria Obrigatoria, a parte de festexar o fin de etapa, poidan completar os seus coñecementos. Se vén nos cursos anteriores elixiran Dublín, Londres ou Berlín para esta celebración, este curso decidiron que un bo destino que contribuiría favorablemente na súa formación cultural era Roma.

A excursión estivo organizada pola vicedirectora Ana Belén Burgos, aínda que non se podería levar a cabo sen o grande traballo do profesorado acompañante, do propio alumnado e dos pais e nais que confían nunha dirección e que quere agradecer a colaboración das familias e o comportamento dos alumnos.

Vendo mundo

De Cee ao Castelo de Sant Angelo De Cee ao Castelo de Sant Angelo

Así, embarcáronse nesta aventura 42 alumnos e alumnas acompañados dos profesores Fernando Casanova, Pedro Márquez e Esperanza Videla dende o 17 ao 21 de maio.

Nada máis chegar o propio martes o contacto con Roma empezou directamente na emblemática Piazza Navonna e na Fontana de Trevi para así ir tomando contacto cos lugares de tan grande valor cultural e artísico cos que conta a cidade.

Ao día seguinte chegou xa cedo a visita guiada á cidade do Vaticano para poder gozar de todo o que alí se engloba dirixidos e orientados por alguén destacado. Rematado o vaticano non podía quedar a visita a Sant Angelo e arredores para rematar o día no coñecido barrio de Trastévere onde se xuntan oferta turística e cultural. De feito profesores e alumnos sinalan esta zoa nas súas preferidas e de moi boa acollida na cidade.

Con todo o visto, para seguir gozando do mundo clásico, non podía faltar o gran conxunto Foro, Coliseum, Palatino sendo estas as maiores atraccións turísticas da cidade. Alí, alumnos e profesores estiveron un longo tempo para así poder ver in situ o que se lle explica no día a día en moitas materias cursadas na ESO.

Para completar a viaxe visitaron os marabillosos museos capitolinos onde puideron ver a Luperca, a loba que na mitoloxía amantou a Rómulo e Remo e que tantas veces vimos nos libros de texto.

Foto de grupo en Piazza do Campidoglio. Museos Capitolinos Foto de grupo en Piazza do Campidoglio. Museos Capitolinos

Non podía faltar a Villa Borgese, Panteón, Termas de Diocleciano e todas as marabillosas piazzas ás que acudían moitas veces a descansar un anaquiño, como Piazza de Campidoglio na colina de Roma, Piazza Venezia, Piazza Spanga…Finalmente o sábado 21 voltaron para Cee sen ningún contratempo e namorados da cidade.

Foto do IES Agra Raices na Piazza do Quinirale Residencia do Presidente Foto do IES Agra Raices na Piazza do Quinirale Residencia do Presidente Novas relacionadas  

Fonte

Comentarios