Venres. 29.03.2024
El tiempo

O IES Fernando Blanco de Cee abre o prazo de matrícula da ensinanza para adultos

O IES Fernando Blanco de Cee abre o prazo de matrícula da ensinanza para adultos
O IES Fernando Blanco acolle os cursos da ESA A matrícula está aberta do 3 ao 14 de setembro O IES Fernando Blanco abre do 3 ao 14 de setembro o prazo de matrícula para as ensinanzas de Educación de Persoas Adultas - EPA - para o próximo curso académico 2018-2019. A convocatoria está dirixida a maiores de 18 anos que desexen acadar o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. As clases serán en horario de tarde-noite e son gratuítas. Nas ensinanzas EPA diferenciánse dúas etapas: as ensinanzas básicas iniciais e a educación secundaria. A primeira das etapas está dirixida a todas as persoas adultas sen titulación previa mentras que a segunda etapa está dirixida a miores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria. Estas ensinanzas de secundaria poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, correspondentes aos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Aínda así, as persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise. Ao alumnado, poderánselle validar diferentes cursos ou materias, dependendo dos estudos de EXB ou ESO que certifiquen. Fonte

Comentarios