Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Mes da Fundación continúa coa música e cunha conferencia sobre a historia de Galicia

O Mes da Fundación continúa coa música e cunha conferencia sobre a historia de Galicia
conferencia Mar Llinares mes da fundacion cee Continúan as actividades que se enmarcan dentro da programación do Mes da Fundación organizado pola Fundación Fernando Blanco de Cee. Mañá venres, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria do CEIP Eugenio López e do CPR Manuela Rial Mouzo de Cee e os usuarios e usuarias da aociación ASPADEX desfrutarán dun concerto didáctico da man do Dúo Aranjuez e Irina Kazimirskaia (Rusia). Este concerto está encadrado dentro do encontro internacional de música de Pulso e Púa, organizado pola asociación cultural Pórtico das Artes, a cal, todos os anos cédelle unha actuación ao concello de Cee, e éste á Fundación Fernando Blanco. A programación continúa o sábado, ás 20:30 horas, na casa da Cultura de Cee cunha conferencia de Mar Llinares García - doutora en Xeografía e Historia pola USC - que falará sobre "Os outros habitantes de Galicia: mouros e mouras na Costa da Morte".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios