Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O mundo da música costeira despide a Alan Louzán

O mundo da música costeira despide a Alan Louzán
Alan Louzán tocando este verán no Praia de Quenxe de Corcubión con Route-552 Alan Louzán tocando este verán no Praia de Quenxe de Corcubión con Route-552 Un dos grandes divulgadores da música costeira contemporánea deixábanos esta noite. Sen avisar. Amante da música por riba de todo, o ceense Alan Louzán foi un dos pinchas que puxo a rúa dos pubs de Cee en boca de toda Galicia. O Getto deixou pegada en varias xeracións e na cabina pinchaba un tal DJ Alan. Pasou polos micros da radiONeria, e xunto a Jaki Traba fixeron un dos programas máis auténticos e divertidos que coñecen as ondas costeiras, o ”Super Freak Night Show”. Participou en numerosas bandas, de aquel Aces Ful pasaron a sacar un cd con The Suffering. Probou cun trío acústico nun Alan Acoustic Project con Abel e Eloy, e parecía que atopara o seu espazo en Route-552, xunto Luís, Ángel e Abel, facendo un auténtico R&R costimorteño que quedará para a eternidade. Onte marchou, na cama, sen avisar, deixando orfa a música costeira.

Novas musiqueiras

Máis novas

Fonte

Comentarios