Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A banda costeira The Suffering presenta o seu primeiro proxecto musical

A banda costeira The Suffering presenta o seu primeiro proxecto musical
The Suffering-Metal da Costa da Morte

Se cando dicimos que na Costa da Morte hai moita arte é por algo. Xa temos feito algunha colleita de bandas costeiras, e hoxe temos o pracer de anunciar o primeiro proxecto musical da banda The Suffering.
Trátase dunha demo que recolle seis temas propios da banda e son un resumo do que esta vén facendo durante os últimos dous anos.

Este grupo, antes coñecido como “Aces Full”, é unha banda de metal da Costa da Morte que está composta por un grupo de amigos que cada fin de semana se dedican a compoñer e ensaiar temas propios por puro pracer.

Neste verán, coa inquedanza de dar un paso máis, xorde a idea de recoller algúns destes temas e sacar un proxecto co que dar a coñecer a música da banda ao resto do mundo, co que tamén se propicia un cambio de nome.

A demo está gravada con recursos propios e saiu adiante grazas á colaboración profesional e desinteresada de Pablo J. Damonte, que realizou a mestura e masterización do son e tamén a fotografía e o deseño; e de Nerea Mouzo, que realizou a ilustración. A banda esta composta por cinco músicos amateur: Ángel García e J. Traba, guitarras, Abel Morenza, baixo, J. V. Fandiño, batería e Alan Louzán, voz.
Todos eles con diferentes influencias musicais entre as que destacan Metallica, Lamb of God, Mastodon, Tool, Down ou QOTSA, que se poñen de manifesto a hora de compoñer os temas pesados e contundentes da banda.


Faite con un CD

Xa chegou a demo de The Suffering A venda o cd de The Suffering

A demo está á venda en varios establecimentos de Cee, como o Café Rodin, ubicado na Praza Domingo Antonio de Andrade, ou o Woodstock Bar, sito na Rúa da Pena; a un prezo de 5 €. Tamén se pode conseguir a través da páxina de facebook The Suffering, ou poñéndote en contacto con algún dos seus membros.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios