venres. 08.11.2024
El tiempo

O novo Mapa de Emerxencias esquece ás comarcas de Soneira e Fisterra

O novo Mapa de Emerxencias esquece ás comarcas de Soneira e Fisterra
A Xunta vén de presentar o novo mapa de grupos de Emerxencias GES

Na Costa da Morte, os Concellos de Cee e Vimianzo xa amosaron o seu malestar ante o novo Mapa de Emerxencias que propón a Xunta de Galicia. Unha reestruturación que deixará sen os Grumir a ambos concellos e que deixará á bisbarra con tan só dous grupos de emerxencias supramunicipais (GES), e situados nas dúas esquinas: Ponteceso e Muros.

Así o anunciaba hoxe a Xunta que presentaba o novo mapa de emerxencias cunha, segundo o goberno, "distribución máis racional dos recursos dispoñibles na nosa Comunidade". Con todo, parece que a descrición do territorio de cada GES esquece as comarcas de Soneira e Fisterra:

O novo mapa de emerxencias, por tanto, disporá de sete sedes dos grupos: Ortigueira, Mugardos, Curtis, Ponteceso, Muros, Padrón e Brión. O grupo con sede en Ortigueira dará cobertura á área de Ortegal; o de Mugardos cubrirá o Eume e Ferrol; o de Ponteceso cubrirá Bergantiños; desde a sede de Muros darase servizo á zona de Muros-Xallas; desde a base de Curtis atenderase a área de Betanzos, Terra de Melide e Ordes; desde a de Padrón cubrirase o ámbito do Sar-Caldas e, por último, a sede de Brión actuará sobre Santiago, Noia e A Barcala".

Nin unha palabra das comarcas Soneira e Fisterra da chamada Costa da Morte.

Pero iso si, aseguran que estes GES colaborarán cos parques de bombeiros comarcais de Carballo, Cee e Santa Comba, entre outros, coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil e co resto de corpos que colaboran nas emerxencias, como Garda Civil, Policía Nacional, Policía Autonómica, etc. Todos eles estarán coordinados a través do 112.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios