Sábado. 26.09.2020
El tiempo

O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso

O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso
ferroatlantica-no-parlamento Ana Pontón (BNG), Loli Toja (PSdG) e Luís Villares (En Marea) enfrontáronse a Feijoo (PP) polo caso Ferroaltántica no Parlamento Pendentes da reunión deste venres entre alcaldes e Presidente da Xunta, o caso Ferroaltántica foi protagonista na sesión deste mércores 23 de novembro no Parlamento Galego. Un Parlamento dque aprobaba a proposición non de lei, cos únicos votos a favor do Grupo Popular, a través da que se “insta á Xunta de Galicia a que todas as actuacións que realice en relación coa posible venda pola empresa Ferroatlántica das centrais hidroeléctricas que posúe nos ríos Xallas e Grande vaian dirixidas a salvagardar os empregos, as actividades industriais e enerxéticas, e súa a competitividade das empresas”. O texto recoñece que a resolución administrativa pola que se autoriza en 1992 a adquisición por Ferroatlántica dos saltos dos ríos Xallas e Grande contempla a a condición literal de que: “non poderán segregarse de Ferroatlántica S.L. (unipersonal) as actividades de ferroaliaxes e de produción de enerxía eléctrica polas centrais as que se refire a presente autorización. Pero o PP rompe o consenso, como explica o Comité de empresa, ao que chegaron en febreiro todos os grupos parlamentarios, xa que se a proposición non de lei de febreiro arrinca cun “Adoptar medidas legalmente adecuadas para evitar a segregación…”, na aprobada hoxe só sinala “facer os estudos técnicos e xurídicos oportunos…”. Así, cando o PP asegura que “velaremos pola legalidade das actuacións e os movementos da empresa, de xeito que o proceso, sexa cal sexa, conte coa máxima seguridade xurídica”, os traballadores entende que o PP “insta á Xunta a facer estudos para segregar as actividades de forma legal, algo que agora non poden”.

”Non hai ningún compromiso co futuro das plantas”, segundo a oposición

Unha proposta rexeitada En Marea, PSOE e BNG, que segundo o PP “están máis polas fotos e pola trifulca política que por traballar conxuntamente polo emprego en Galicia”. Un PP que asegura que “manterá informados aos traballadores en todo momento”, algo que enfada de sobremaneira á xente do Comité de Empresa, pois xa levan semanas esperando ser agardados polo Presidente. Dende En Marea, Luís Villares preguntaba directamente se “Adoptará as medidas legalmente adecuadas para evitar a segregación de actividades por parte de Ferroatlántica?” e criticou a proposición apropada ao considerala “publicidade e propaganda para un conflito ao que Feijóo respondeu esta mesma mañá botando balóns fóra, ao dicir que a Xunta non se pode pronunciar sobre un rumor”. “Se permite a segregación, a industria pechará, e Cee e Dumbría rematarán por ser unha gándara sen esperanza de futuro”, dixo Luís Villares na súa intervención, que aproveitou para esixirlle ao presidente da Xunta que “reciba aos traballadores, os escoite, se poña da súa parte e defenda o seu País”. Un "rumor"? [fbvideo link="https://www.facebook.com/Sandy.Vilela/videos/10154926142499162/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Ademais durante a súa intervención, o presidente asegurou que é “só un rumor” e que “Ferroatlántica non solicitou a segregación”. Algo ao que o voceiro de En Marea Luís Villares lle respondeu lembrando as notificacións oficiais que os traballadores recibiron da empresa.

"A fábrica, non só unha Costa da Morte"

dolores-toja-no-encerro-dos-traballadores-de-ferroatlantica-en-ceedolores-toja-no-encerro-dos-traballadores-de-ferroatlantica-en-cee Loli Toja presente no peche dos traballadores de Ferroatlántica en Cee Por parte do PSDG, Loli Toja asegurou que o seu grupo non apoia a moción do PP ao considerala “ambigua” e que “necesitamos un compromiso serio e non unha declaración de intencións”. "A Costa da Morte necesita unha resposta clara, si ou non". Ademais destacou que a “viabilidade da empresa pasa únicamente pola non segregación”. Toja quedou abraiada cando Feijoo falou do "efecto multiplicador dos servizos públicos" na Costa da Morte. "Pero en que realidade viven?", pregúntase a deputada laxense, moi preocupada polo que acontece na industria máis importante da zona, porque "esta non é "unha" fábrica calquera, para a Costa da Morte esta é "A" fábrica". Toja pregúntase "por que se piden eses informes se pensan que é só rumoroloxía como asegurou hoxe Feijoo". E nese sentido incide en que "por que presentan unha moción se efectivamente non cambiaron as condicións dende o 92, a non ser que manexen outra información que nós non temos". Máis afiada foi aínda cando recordou que o Grupo Villar se beneficiou de numerosas prebendas por parte do goberno da Xunta. "Villar Mir recibiu un lising de 120 millóns de euros coa autorización da Xunta e só se investiron 6,6 millóns na comarca. Onde vai o resto? Onde vai, por exemplo, o terceiro forno da fábrica de Dumbría que prometeu?". Toja pediu que "non condicione os postos de traballo de Sabón aos da Costa da Morte", e lamentou "a falta de sensibilidade ante un asunto tan grave como é o posto de traballo, como se detrás non houbera unhas persoas". o-psdg-cos-traballadores Despois do pleno, Loli Toja e Margarita Lamela estiveron cos traballadores de Ferroatlántica

"Abre á porta ás especulacións"

Noa presas no Parlamento preguntando por Ferroatlántica Noa presas no Parlamento preguntando por Ferroatlántica Dende o BNG consideran que “a Proposta do PP aprobada sobre Ferroatlántica rompe os consensos e abre a porta a especular coas centrais do Xallas”. A deputada Noa présas referiuse na súa intervención ás “escuras relacións do Partido popular con Villar Mir” das que dixo non dubidar dun “posible pacto”, a pesar de insistir en que non hai motivos para o “alarmismo” como asegura o Partido popular. De ser así preguntou, "por que ese cambio de discurso do PP e deixar a porta aberta á segregación e por qué as insinuacións do propio Feijóo. Vostedes", recriminou a nacionalista, "saben que a venda das empresas representaría un “pelotazo” para o Sr. Villar Mir e mentres durante 25 anos a administración pública inxectaba diñeiro e obtiñan un “800% de beneficio” non investiron nada. Desprazaron o I+d+i para fora de Galiza e non modernizaron as instalacións", denunciou a parlamentaria. [fbvideo link="https://www.facebook.com/bloquenacionalistagalego/videos/1135575463158748/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Así de claro falaba tamén Ana Pontón nas redes sociais sobre o asunto despois de visitar o peche dos traballadores no Concello de Cee: [fbvideo link="https://www.facebook.com/ana.pontonmondelo/videos/10209330407790618/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

comentarios