O PP de Cee renóvase complemente

21:58 03/05/18

- Presidente: Ramón Iglesias García;
- Secretaria: Águeda María Díaz Mejuto;
- Vogais: José Antonio Domínguez García, Juan Piñeiro Casais, María Victoria Areas Pose, José Oliva Rojas, José María Marcote Canosa, María Isabel Rodríguez Duran, José Manuel Buituron Fraga, Diego González Rodríguez, Jesús Busto López, Carlos Giménez Giménez, María Belén Lema, Norberto Martínez, Adrián Veira e Manuel Sambade Parga.
"Máis unidade"
A posta en marcha da comitiva ceesa serviu para escoitar ao presidente Partido Popular na provincia, Diego Calvo, que se onte reuníu cos membros da directiva provincial que o PP "non pode vivir da folla de resultados" e reclamou "máis unidade, máis esforzo e máis partido" co fin de afrontar con garantías as próximas eleccións municipais.Críticas do PP de Carballo
Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Carballo, Aurelio Núñez, criticou duramente o comportamento do rexedor carballés, Evencio Ferrero, ao que tachou de “sectario”, despois de que o seu equipo de goberno rexeitase no último pleno as tres mocións presentadas de maneira conxunta polos grupos da oposición. Para Núñez, esta é unha proba máis de que o BNG de Carballo “vive instalado na súa maioría absoluta” desde a que “despreza” calquera punto de vista ou proposta que lle poidan presentar o resto de formacións. O BNG rexeitou a redacción dunha ordenanza municipal que regule a colocación de bolardos nas rúas peonís, despois do problema e das queixas veciñais polo caso da rúa Desiderio Varela. Do mesmo xeito, Núñez acusou ao goberno local de non atender á petición de clarificar os criterios técnicos que aconsellan o estreitamento da rúa Vila de Negreira, e de non querer convocar a comisión de Urbanismo para explicar á oposición as modificacións levadas a cabo o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Fonte- Redacción QPC ([email protected])
- PP