Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PP de Cee suma 50 novos afiliados en pleno proceso de cambios

O PP de Cee suma 50 novos afiliados en pleno proceso de cambios

Uns 50 militantes dábanse de baixa do PP de Cee estas semanas tras sentirse “traizoados” e se ofrecían ao grupo de Ciudadanos, que lles abría a porta cos brazos abertos. E para contrarrestar esas baixas, a nova xestora do PP ceés anunciaba hoxe que xa sumou 50 novos afiliados como resultado da primeira rolda de contactos levada a cabo cos veciños do municipio.

Son agora arredor de 200 os afiliados ao Partido Popular na vila da Xunqueira.

A nova xestora presidida por Moncho Iglesias, valorou moi positivamente estas adhesións que chegan nun momento “complicado e de cambios para a formación”. A idea da xestora, con Antonio Domíngueze como cabeza visible, é “abrir as portas do partido a todas as persoas que queiran sumarse ao novo proxecto”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-traizoados-do-pp-de-cee-ofrecense-a-ciudadanos/

Fonte

Comentarios