mércores. 30.04.2025
El tiempo

O #PremioNordés, un novo galardón para o gran Pazos de Merexo

O #PremioNordés, un novo galardón para o gran Pazos de Merexo
Pazos de Merexo nunha maxica noite con Kepa Junkera no Couto

Coñecíamos a semana os 4 galardoados nos #PremiosNordés14. Un elenco completo de personalidades ás que toca unir a un dos máis auténticos músicos da zona.

O Premio Nordés 2014, o máis destacado, é para Manuel Jose Pazos Redonda, coñecido como “Pazos de Merexo”. Este bravo artista nacía en 1926 sendo o terceiro dunha familia de oito irmáns, xa desde pequeno lle gustou a música, cando tiña 12 anos empezou a tocar o acordeón que lle trouxo seu pai da Arxentina. O seu é talento natural e verdadeira paixón, polas noites ainda que chegara canso de traballar subía directo ao faiado para ensaiar calquera canción que tivese escoitado e que de seguido lograba tocar con maestría, Muiñeiras, mazurcas ou tangos coas que logo amenizaba infinidade de festas e palilladas, convertindose nunha figura coñecida e querida na comarca facendo que o seu repertorio sexa parte da historia da Costa da Morte.

A destreza e personalidade que acadou co acordeón proporcionoulle tamén o respecto e a admiración de artistas como Xurxo Souto, Brais Maceiras ou o gran músico Vasco Kepa Junkera con quen fixo a sua única gravación de estudio, unha partcipación no disco do 2013 “Galiza” no que tamén colaboran entre outros Luar na Lubre, Cristina Pato ou Budiño. Tal é a paisón que Kepa Junkera sente por Manuel que veu facer a presentación oficial dese disco a Merexo.

O acordeón de Pazos só calou nos anos tristes da enfermidade da súa Muller e cando ela faleceu gardouno definitivamente no faiado, pero no 1997 e por orde do seu fillo Pedro, volveu tocar. A súa volta foi nun lugar tan emblemático como madrileña Praza da Castellana con motivo das manifestacións dos gandeiros contra a cota lactea, dende ese día Manuel xa non volveu deixar de tocar. I é que o acordeón de Pazos éche moi reivindicativo. Lembramos como o coñecimos, facendo soar o seu acordeón naquelas manifestacións contra o Plan Acuícola durante o 2008.

A día de hoxe, goza dunha vitalidade digna de envexa, toda a sua vida foi labrador e continua traballando a diario na horta plantando patacas, allos ou cebolas, mantendo as suas leiras coidadas e limpas “sen poñerlle veleno” como di o seu neto Manuel quen herdou a afección e as dotes musicais do avó, os dous desfrutan tocando xuntos en numerosas ocasións.

Pazos de Merexo é un músico popular autodidacta e incombustible que nos últimos anos tocou en festas como o Asalto ao Castelo de Vimianzo ou no festival de cine de Cans e o día 21 estará na foliada de Cerqueda. Pero sobre todo, como di a sua filla María José, é un amante da vida.

Máis premios

Queda por saber o gañador do premio da Audiencia, no que o noso amigo Marcos Rodríguez, finalista na Copa do Mundo de Fotografíaa, está en cabeza. A Gala, o xoves 19 na Casa da Cultura de Cee.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios