Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PSdG denuncia que o alcalde de Cee “renunciou” a unha subvención por “desidia e deixadez”

O PSdG denuncia que o alcalde de Cee “renunciou” a unha subvención por “desidia e deixadez”
Ramon Vigo Ramón Vigo

Máis dun ano de absoluta parálise municipal é a que denuncia a voceira do PSdG de Cee, Margarita Lamela, tras coñecer que o alcalde de Cee e o seu equipo “renuncia” a unha subvención para a mellora de camiños de titularidade municipal nos lugares de Codesos, Vilanova, Cantorna e Bermún na parroquia de Pereiriña por un importe de 42.996 €. Unha subvención englobada dentro de un plan bianual 2017-2018 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), e da que Vigo xustificaba a renuncia pola imposibilidade de ter as obras rematadas nos plazos legais establecidos na convocatoria de dita subvención.

Unha decisión que fai que os socialistas denuncien “unha vez máis a desidia e a deixadez do Sr. Alcalde e do seu equipo para a realización e tramitación de proxectos para o noso pobo”. Lamela explica que a convocatoria é de maio de 2017, e que tivo un ano enteiro para desenvolver a obra. “Se o proxecto de obra do arquitecto é de xuño de 2017, Que fixo o Sr. Alcalde dende xuño de 2017 ata xuño de 2018? Nada”, sentenzan.

“Tempos administrativos”

Lamela lembra que o alcalde sempre se escuda nos “tempos administrativos” para explicar retrasos en obras como a piscina… De aí que lle lembre que “de cumplirse, a obra estaría rematada en tempo. Os tempos que fixa o alcalde, que non son os administrativos, son os que fan perder a subvención”.

Asi, consideran que “chamarlle “renuncia” é adornar a realidade, xa que o que sucedeu é a perda da subvención por falta de axilidade, celeridade e interés por parte do equipo de Goberno de facer algo polo medio rural”.

Comentarios