Martes. 30.04.2024
El tiempo

O rexeitamento social e da oposición evitan a subida das taxas en Cee

O rexeitamento social e da oposición evitan a subida das taxas en Cee

Mentres as clases na Escola de Música empezan hoxe, o Salón de Plenos do Concello de Cee acollía un pleno importante para tratar a subida das taxas que prantexou o alcalde. Subida que multiplicaba por 3 o prezo de servizos como o da Gardería Municipal ou da Escola de Música, servizos básicos para moitos, que non para o grupo de goberno.

Pero finalmente o alcalde Ramón Vigo decidiu non tratar eses puntos na orde do día, á espera de poder negociar coa oposición e intentar que saian adiante. I é que o rexeitamento público que fixeron estes días os membros da oposición foi claro.

Rexeitamento social

Pero é que a oposición baseouse tamén na resposta da veciñanza, claramente en contra destas subidas. De feito, dende o colectivo de Pais/nais de alumnos/as da Escola de Música Municipal de Cee, que mantiveron unha reunión o pasado sábado, quixeron amosar "a súa preocupación pola subida excesiva de taxas para o vindeiro ano", e xa estudian "posibles accións co fin de solucionar este problema", segundo nos informaban".

Situación económica límite

O propio director da Escola de Música, Fernando Fraga, é consciente da situación económica municipal. "A subida de taxas trátase dun incremento importante", se ben recoñece que "era necesario afrontar algún tipo de incremento, xa que as taxas eran moi económicas e levaban anos sen subirse".
"Supoño que esta proposta de taxas é froito dunha situación económica límite no Concello, xa que ata agora o Concello de Cee sempre apostou por manter e mellorar o servizo que se daba desde a Escola de Música. Aínda así espero que se poidan reducir un pouco xa que entón suporía unha redución moi importante do alumnado ao non poder facer frente ao pago das mensualidades propostas", conclúe.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios