Martes. 21.05.2024
El tiempo

En Cee, os maiores van de excursión e os pequenos apúntanse á Escola de Música

En Cee, os maiores van de excursión e os pequenos apúntanse á Escola de Música

Envíannos esta foto dende a Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Cee, da excursión realizada o pasado sábado día 10 de setembro. Viaxe pola zona de Ferrolterra, pasando en San Andrés de Teixido con parada e visita a cidade de Pontedeume, posteriormente houbo un paseo en lancha de Mugardos a Ferrol.
A excursión aisitirón 110 persoas xunto co Alcalde, Ramón Vigo, a Concelleira, Pilar Iglesias e a coordinadora do Centro Social, Mª José Toba.

Prazo aberto para a Escola de Música

Comunícase que ata o vindeiro venres día 16 de setembro estará aberto o prazo para matricularse na escola de música municipal de Cee. A matrícula debe realizarse nas oficinas do propio Concello de Cee en horario de mañá.

As especialidades que se ofertan para este curso son: Acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba e violín.
Ademais a escola de música poderá facilitar instrumento de préstamo para o primeiro curso nas especialidades de Trompeta, Trombón, Trompa, Clarinete, Saxofón, Óboe, Gaita, Frauta traveseira e Tuba.

Os mais pequenos de 4 a 6 anos, poden apuntarse a música activa e os de 7 anos comenzarán un curso preparatorio de linguaxe musical.
A escola dispón de grupos donde os alumnos se poden incorporar unha vez que teñen un nivel apropiado: banda de música, grupo de vento metal, grupo de acordeóns, grupo folk, grupo de pop-rock e grupo de gaitas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Concello de Cee e da Escola de Música.

Comentarios