Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Saber segue tendo premio na Olimpiada Cultural do IES Fernando Blanco

O Saber segue tendo premio na Olimpiada Cultural do IES Fernando Blanco
ies-fernando-blanco Imaxe da final da Olimpiada do ano pasado

Un ano máis, o IES Fernando Blanco arrincou coa súa 7ª Olimpíada cultural O saber ten Premio. Nesta edición poderán participar equipos formados, cada un deles, por 5 estudantes dos cales 2 deberán estar cursando algún Ciclo Formativo, 2 serán estudantes de Bacharelato e 1 será un alumno ou alumna da ESO, FP Básica, CUALE ou ESA.

Estes equipos iranse enfrontando en sucesivas eliminatorias ata que só queden 3 equipos que serán os que pasen á Gran Final, que este ano se celebrará no mes de abril.

A Olimpíada Cultural celebrase mediante un xogo informático exclusivo do IES Fernando Blanco que vai seleccionando preguntas entre unha base de datos de máis de 900, estas preguntas versan sobre calquera das materias das ensinanzas impartidas no Instituto. Foron propostas por todos os departamentos didácticos.
En cada unha das eliminatorias os equipos deberán responder a 20 preguntas, seleccionadas ao chou polo programa informático.

Na Gran Final, os 3 equipos enfrontaranse a un dobre reto, nunha primeira fase terán que responder a 20 preguntas igual que nas eliminatorias e os 2 equipos con maior puntuación pasará a unha segunda fase que consistirá nun debate sobre algún tema proposto por un xurado, quen valorará as súas intervencións baseándose na súa capacidade de argumentación, oratoria, rigor, coherencia no discurso, etc.

O Saber ten premio do IES fernando Blanco de Cee Novas relacionadas Fonte

Comentarios