mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Salón do Reino volverá reunir aos seus fieis para a Semana Santa

O Salón do Reino volverá reunir aos seus fieis para a Semana Santa
Testigos de Xehova en Cee

Non soemos traer novas relixiosas a QPC, pero a comunidade dos Testigos de Xehová segue demostrando unha devoción integral. Dende que fixeron aquela multitudinaria estrea do Salón do Reino, este centro situado no Lugar de Vilanova, en Cee, serve de refuxo das oracións de moitos feligreses da zona.≤/p>

Así, estas datas de Semana Santa son claves no ano, e cóntanos que o vindeiro vernes 3 do abril celebrarán o que para eles é o acontecemento anual máis importante; “recordar ou conmemorar a morte de Xesucristo en sacrificio e os beneficios que iso nos reporta”.

Apuntan que o ano pasado case 20 millóns de persoas estiveron presentes nesta reunión por todo o mundo, e tamén van celebralo na zona e invitan a todos os veciños da comarca.

A reunión consistirá nunha conferencia duns 45 minutos en galego. Nela explicarase, entre outras cousas, “quen foi Jesus, como pode axudarnos a súa morte e por que é importante que o recordemos”. A exposición comezará ás 20:45 da tarde.

A entrada é gratuíta e non se efectuarán colectas. E boten un ollo aos carteis que xa están levando por toda a comarca, dende Fisterra a Camariñas, con códigos Qr e todo!

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios