Os afectados contra as Preferentes xúntase e informa en Brens

09:07 02/08/12

A recentemente formada Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes da Costa da Morte xa empeza coas súas actividades informativas. Unhas actividades necesarias nesta bisbarra para sacar á rúa aos milleiros de afectados.
Así, este venres 3 de agosto, ás 19:30h, haberá unha xuntanza na Casa da Cultura de Brens, situada no Campo da Festa, nas Antigas Escolas.
A cita contará coa participación de varios especialistas no asunto:
- strong>Agenor Gómez: Avogado experto en Dereito Bancario e de Seguros.
- Coordinador/@s da Plataforma de Arousa Norte.
E tratarán os seguintes pundos:
- 1.- Asesoramento legal procedemento arbitraxe vs xudicial.
- 2.- Accións de movilización por coordinador/es Morrazo.
- 3.- Nomeamento de coordinadores de zona (especialmente área crítica de Bergantiños- Carballo).
- 4.- Calendario de accións: protestas, movilizacións...
Queres unirte?
Calquera persoa interesada en ter máis información e adherirse á Plataforma de afectados participacións preferentes Costa da Morte pode contactar:
- Teléfono: 638029492.
- e-mail: afectadoscostadamorte@hotmail.es
- Facebook: Plataforma Afectados participacións preferentes Costa da Morte.
Novas relacionadas
- Os recortes unen ás protestas nun único berro.
- 12-07-12: Os afectados polas Preferentes na Costa da Morte xa se moven.
- 05-07-12: En marcha a Plataforma de afectados polas Preferentes da Costa da Morte.
- Por que na Costa da Morte non se protesta polas Preferentes?.
- O Consumidor desamparado na Costa da Morte.
- A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal.
- 12m15m: Mareas de xente de todas as idades volven á rúa en toda Galicia.
- Verdades de José Luis Louzán: Os que mandan.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).