Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os bombeiros da Costa rompen negociacións ca súa empresa tras 2 meses de folga

Os bombeiros da Costa rompen negociacións ca súa empresa tras 2 meses de folga
Imaxe de bombeiros da web de Nanutecnia

Levan dende mediados de decembro do ano pasado en folga. Pero a situación laboral dos Bombeiros da Costa da Morte vai a peor. Actualmente os traballadores dos parques de bombeiros que gestionan as UTE conformadas por HASA, EURAL, EINFOR e NATUTECNIA en Galicia, son os únicos que non dispoñen de convenio colectivo.
E con elo, cómpre sempre lembralo nestes casos, o benestar e a seguridade de toda a poboación da zona, e por iso sempre prantexamos as nosas dúbidas ante procesos de privatización de servizos públicos e necesarios coma este.

O caso é que o último encontro entre os directivos das UTE que gestionan os parques comarcales de bombeiros das Pontes, Cee, Santa Comba, Sarria, Chantada e Monforte de Lemos e os representantes legais dos traballadores, lonxe de supoñer un avance na anquilosada negociación de convenio colectivo que mantiñan as partes, supuxo "un xiro rotundo nas posturas da patronal que mostrou unhas cartas que a parte social entendía inasumibles". Alomenos así o aseguran os propios profesionais a través dun comunicado.

Un comunicado que conclúe cunha clara acusación. Carlos Sayar, portavoz dos bombeiros, destaca que "a actitude desta empresa é o único escollo que existe entre o estatuto dos traballadores e a firma dun convenio de sector a nivel galego".

Dúas partes confrontadas

Os bombeiros explican na nota, que "o principal escollo é, sen lugar a dúbida, as compensacións económicas nos casos de incapacidade temporal". A proposta da parte traballadora, na mesma liña que o resto de parques de xestión indirecta que dispoñen de convenio colectivo en Galicia, "permitía á concesionaria lucrarse do salario do traballador en situación de incapacidade (pois a súa masa salarial sería igualmente aportada pola administración malia a ausencia do empregado), mentres o resto dos traballadores, sen cobrar nada a maiores, cubrirían a ausencia do bombeiro en situación de incapacidade, coa única condición de que a empresa completase o salario daquel durante o tempo que durase a mesma", informan. Aseguran que proposta da parte social "forma un todo que, tal e como se está demostrando noutras concesionarias, supón un beneficio para a parte traballadora (a nivel social) pero tamén para a parte empresarial (a nivel económico)".

Pola contra, a empresa Nanutecnia (concesionaria que forma parte de todas as UTE) así como o resto de empresas implicadas (EINFOR, EURAL e HASA), segundo denuncian os bombeiros, "pretenden unhas condicións que mellore a parte económica das empresas e que manteña baixo o yugo do estatuto dos traballadores á parte social".

Rotura de negociacións

A parte traballadora, ao coñecer as pretensións das U.T.E., realizou nos últimos días diferentes asembleas cos bombeiros dos 6 parques, para coñecer as pretensións do persoal ante a postura das concesionarias. O resultado é a suspensión das negociacións, polo que a parte traballadora notificará á patronal que a reunión prevista para o próximo día 25 non ten cabida nun panorama tan distante dunha postura que os traballadores consideran de "mínimos".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios