Os Bombeiros da zona realizaron 320 intervencións en 2016
Os dez parques de bombeiros comarcais da provincia da Coruña realizaron 1.672 intervencións o ano pasado, cun tempo medio de resposta de 14,8 minutos. Así o explicaban a pasada semana no Consello Consultivo do Consorcio provincial, nun ente no que participarán os alcaldes de Carballo, Cee e Santa Comba, sedes de 3 dos 10 parques provinciais de Bombeiros.
E precisamente, repasando a memoria, das 1.672 intervencións realizadas en toda a provincia, 192 corresponde ao parque de bombeiros de Carballo, 68 ao de Cee, 61 ao de Santa Comba.
Pola súa parte 305 foron realizadas polos bombeiros de Arteixo, 240 polos de Boiro, 212 polos de Ribeira, 139 polos de Ordes, 106 polos de Arzúa, 225 polos de Betanzos, 89 polos de As Pontes, e 35 polos bomebiros da comarca de Ferrol.
Tipo de intervencións e tempo de resposta
Por tipo de intervención destacan os incendios en vivendas, locais, naves e vehículos (489), seguidos de incendios forestais (76), fugas de auga e gas (85), accidentes de tráfico (69), excarceracións (54), limpeza de estradas (94) ou retirada de árbores (42). Tamén se efectuaron 27 saídas para actividades preventivas, 6 por derrubamentos, 64 para rescates de persoas, 12 para rescates de animais e 25 simulacros.
O tempo medio de resposta (tempo transcurrido dende a chamada de emerxencia ata a chegada ao incidente) foi de 14,8 minutos e o tempo medio de intervención (dende a chegada dos bombeiros ao incidente ata a súa resolución) foi de 41,34 minutos. Ambos tempos medios redúcense en 3,2 minutos e 5,6 minutos, respectivamente, con respecto aos datos de 2014.
Fonte
- Deputación.