xoves. 01.05.2025
El tiempo

Os Bombeiros rescatan a unha persoa maior na súa casa de Cee

Os Bombeiros rescatan a unha persoa maior na súa casa de Cee

Eran as 11:45h cando os Bombeiros de Cee recibían a Alerta do 112 por unha urxencia na Rúa Escabanas, no nº31. Unha señora maior, vivía soa na súa casa e tras chamar á ambulancia, non podía abrir a porta ao 061.

Tiveron que chegar os Bombeiros para acceder a vivenda tras subir cunha escaleira ata un balcón onde forzaron unha persiana. Unha vez dentro localizaron á persoa consciente pero desorientada tirada no chan aos pés da cama.

Unha vez aberta a porta principal, xa ca Garda Civil de Muxía, procederon ao traslado en ambulancia ao centro hospitalario.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios