mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os escolares abriron o Entroido ceense

Os escolares abriron o Entroido ceense
Entroido escolar de Cee-Foto-Rafa Quintans 4 Desfile do Entroido escolar de Cee-Foto-Rafa Quintáns

Aínda queda o martes infantil, emais a traca final co Concurso de comparsas do vindeiro sábado 4 de marzo. Pero este pasado venres xa se notou que estamos en época trouleira pola vila da Xunqueira. Como estes últimos anos, son os escolares os que dan o pistoletazo de saída ao Entroido.

Divertido foi o pasarrúas que fixeron os membros, por exemplo, do Eugenio López dende o centro ata a praza do Concello. Alumnos, profes e mesmo pais e nais disfrazaronse pa darlle colorido a este comenzo do entroido 2017.

Entroido escolar en Cee-Fotos de Rafa Quintáns Entroido escolar en Cee-Fotos de Rafa Quintáns

Entroido pirata en Brens

Entroido pirata no CEIP de Brens Entroido pirata no CEIP de Brens

Unha festa singular no Fernando Blanco

Impresionante o festival de entroido celebrado este venres 24 de febreiro no IES Fernando Blanco de Cee, no que participou toda a comunidade educativa. Houbo premios para os disfraces máis orixinais, actuacións musicais, concursos e moitas risas. Un grupo de profesores e persoal non docente disfrazáronse de exipcios. Houbo unha parodia do programa Tu cara me suena, un grupo disfrazado de Village People, outro de “frutitas”, etc. Foi unha xornada diferente, na que todas as persoas participantes e espectadores o pasaron moi ben.

Máis entroido

Ollo que aínda queda moito entroido. O martes hai festa infantil e Foliada de Entroido no Centro Social. E o sábado será o gran concurso de comparsas, este ano, de novo, no pavillón.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios