mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os escolares de Cee desfrutan do teatro

Os escolares de Cee desfrutan do teatro
teatro-ghazafelhos-cee Ghazafelhos teatro interpretou onte na casa da Cultura de Cee a obra "Camiñando entre as estrelas" A casa da cultura de Cee volveu a encherse de nenos e nenas de 4º e 5º de primaria dos centros educativos do municipio. O motivo foi a obra "Camiñando entre as estrelas" da compañía de teatro Ghazafelhos que arrincou o sorriso dos máis novos en varias ocasións. Éste é unha actividade que sen enmarca dentro do programa "Ler Conta Moito" no que se inclúen distintas actividades que se levaron a cabo estes días na casa da cultura ceense. Os escolares aproveitaron a ocasión para visitar a mostra bibligráfica sobre Carlos Casares que se pode ver ata o día 26 de maio na biblioteca municipal "Francisco Mayán". Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios