Os mellores especialistas en traumatoloxía danse cita en Cee


Grandes expertos de toda Galicia en traumatoloxía participarán este venres día 12 a partir das 09:00 horas, na Reunión Intercongresos da Sociedade Galega de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, que organiza o Servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee que dirixe o Dr. Sergio Pérez Abilleira. O Auditorio da Casa da Cultura de Cee acollerá esta cita na que os especialistas discutirán sobre os distintos procedementos diagnósticos e terapéuticos da patoloxía de cadeira e xeonllo.
Así, nomes como o Dr. Francisco Maculé, Presidente da Sociedade Española de Cirurxía de Rodilla (SEROD) e traumatólogo do Hospital Clinic de Barcelona, ou o Dr. Pablo Corona, da Unidade de Patoloxía Infecciosa do Hospital Vall d´Hebrón de Barcelona, estarán na vila da Xunqueira.
Neste evento, que leva por título “A cirurxía de revisión ou rescate”, discutiranse os distintos tratamentos a realizar cando fracasan as técnicas aplicadas previamente, como os recambios das próteses de cadeira, de nocello ou en técnicas de rescate en cirurxía artroscópica fallida.
Este tipo de patoloxías son cada vez máis frecuentes debido fundamentalmente a dous motivos. Por unha banda o aumento da esperanza de vida dos pacientes e por outra o aumento de cirurxías deste tipo.
A maior lonxevidade dos pacientes fai que poidan aparecer problemas por desgaste dos compoñentes utilizados, así como fracturas óseas por mor da lonxevidade destes pacientes, sen esquecer que o aumento do número de intervencións deste tipo leva asociado un aumento porcentual das posibles complicacións como as infeccións.
Programa

Novas relacionadas
- Abril 17: O PSdG reclama que o goberno galego garanta as necesidades básicas no hospital de Cee.
- Marzo 2017: O PSdeG respóndelle ao Sergas sobre as deficiencias do hospital Virxe da Xunqueira de Cee
- Marzo 2017: O PSdeG esixe que a Xunta tome medidas urxentes ante o desmantelamento do hospital de Cee
- Marzo 2017: A oposición pide explicacións sobre a concesión da cociña e a cafetería do HVdX
- Marzo 2017: Denuncian a nefasta xestión da cafetería e da cociña do Hospital Virxe da Xunqueira.
- Marzo 2017: PSOE, PP e BNG denuncian retrasos do alcalde para convocar o pleno que corrobore a xestión interesada da piscina municipal.
- Marzo 2017: O PSdG denuncia a paralización do desmantelamento encuberto do Hospital de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).