Os Ozón petan forte

08:06 29/08/16

Hai familias que demostran a riqueza social da Costa da Morte. Unha delas podería ser a familia Ozón, que cada ano cumpre a rigorosa tradición de xuntarse polo verán e disfrutar da boa compañía. E da boa música, gracias á participación do grupo Peta Forte da Pereiriña.
Así o viviron unha trintena de Ozóns este pasado sábado e A Grixa (Vilastose, Muxía). Chegados de moi diferentes partes da comarca e de Galicia, xentes de diferentes xeracións celebraron a quinta reunión. Non faltou o churransco, as empanadas de millo, o bo albariño… e a música, que permitiu enlazar comida e cea e que ademais contou cun gran karaoke que prolongou a cita ata a madrugada.
Xuntanzas así dan conta da riqueza social e familiar da nosa bisbarra. Por moitas máis.


Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).