xoves. 01.05.2025
El tiempo

Os PACs tamén se alzaron en pé de guerra por reivindicacións laborais aprobadas no 2008

Os PACs tamén se alzaron en pé de guerra por reivindicacións laborais aprobadas no 2008
Pacs en guera en Santiago 2 Pacs en guerra en Santiago Por se non houbese problemas laborais no servizo de saúde pública de Galicia, este mediodía uníanse á guerra os membros dos PACs (Puntos de Atención Continua) de todo o país. Achegáronse a Santiago este venres 27 de abril para participar nunha concentración diante da Dirección Xeral de Recursos Humanos. Dende Carballo desprazáronse practicamente todos os profesionais do PACs, igual que os de Cee, Ponteceso e  Vimianzo. Membros dos PACs en Santiago Membros dos PACs de Carballo, Cee, Ponteceso e Vimianzo en Santiago Ao mesmo tempo, a comisión técnica estudiaba nos despachos unha reivindicación que levan esperando os profesionais dos PAC dende 2008. Foi o pasado mes de febreiro cando os profesionais dos PACs entregaban no SERGAS un documento coas súas reivindicacións dos profesionais, acompañada de 800 firmas. Unhas reivindicacións baseadas no cumprimento do Pacto do 2008, polo cal se rexen condicións laborais. Concentrábanse para esixir que “se nos garanta o principio de neutralidade dos permisos remunerados e de formación, así como das situacións de incapacidade temporal, cumprindo a administración co acordado no Pacto do 2008, conforme ao estatuto marco dos traballadores e referendado en sentenza do TSJ de Galicia do 27/06/2012”, explican. ”Soamente pedimos que se nos trate de xeito equivalente ao resto do persoal do Servizo Galego de Saúde. Para iso pedimos que deixe de utilizar o actual aplicativo (algoritmo matemático que calcula as nosas presenzas e ausencias), que está provocando que, en moitos casos, se nos vexa aumentada a xornada ordinaria, ao ter que recuperar horas, ou se nos desconten cartos das nóminas por calcular que non se chegou ao cumprimento da xornada. Todo iso polo simple motivo de ter estado enferm@s, haber ter algunha morte ou enfermidade dun familiar, ou querer mellorar a nosa formación”, sinalan. [video width="640" height="352" mp4="/media/quepasanacosta/files/2018/04/27/Pacs-en-guera-en-Santiago.mp4"][/video]

Negociacións positivas

Estiráronse as negociacións entre os sindicatos e a Xunta ata entrado o mediodía. Mentres fóra algúns concentrados tiñan que voltar aos seus postos de traballo, a meirande parte mantíñase firme esperando unha resposta do SERGAS. Ao saíren da xuntanza, os representantes das OOSS e de PACs saíron cunha "impresión positiva en canto parece que hai unha vontade de entrar na negociación dunha xornada anual efectiva". Algo que só seá posible se se considera a neutralidade das incapacidades temporais e permisos, é dicir, que se computen como xornada efectiva. Agora, xa na segunda quincena de maio está previsto que a Xunta convoque outra reunión, e os traballadores esperan que a administración "acuda cunha proposta de xornada sobre calendario anual e o compromiso de garantir os dereitos fundamentais dos traballadores".

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios