Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os pensionistas tamén se concentrarán en Cee

Os pensionistas tamén se concentrarán en Cee
Concentracion poor unhs pensions dignas en Cee

Xa hai quen o chama “o 15M dos xubilados”. As mobilizacións dos pensionistas e xubilados están enchendo as rúas do país. E a capital da comarca costeira non é allea a esta realidade. Unha realidade que afecta precisamente aos que están enchendo as rúas, e tamén a toda a cidadanía, que se enfronta a un cambio gravísimo no sistema de benestar.

Ante esta situaciñon, o colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG convoca para o vindeiro xoves, 15 de marzo, concentracións en todas as comarcas en defensa do sistema público de pensións, en demanda de que se garanta o seu poder adquisitivo e para exixir que as mínimas sexan iguais ao Salario Mínimo Interprofesional. En Cee, a concentración será ás 12:00 horas na Praza do Concello.

Pensións dignas

Lembran a insultante subida deste ano de 1€, ou as políticas dos PP-PSOE que permitiron unha subida das pensións por debaixo da inflación, gracias á modificación de lei feita polo PP en 2013. Unhas reformas que “complican cada vez máis o acceso ás pensións contributivas, diminúen as contías das pensións de quen accede ao sistema e atrasan a idade efectiva de xubilación. De feito, advirten que preto dun 60% das pensións galegas están por baixo do salario mínimo”, focalizando no caso galego, onde as pensións están máis de 15 puntos por baixo da pensión media do Estado español.

A CIG pon sobre a mesa, unha vez máis que as mulleres son as máis prexudicadas, “por teren unha unha vida laboral máis precaria e con importantes lagoas de cotización, que xunto ás altas taxas de feminización das pensións non contributivas, fai que 1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos estea baixo a liña da pobreza”.

Novas relacionadas

  • Xaneiro 17: A CIG pon un autobús dende Cee para asistir á manifestación en defensa das pensións.
  • Xuño 2016: Análise das pensións na Costa da Morte-Galicia: As pensións de Corcubión son as máis altas da Costa da Morte:
  • Novembro 2013: Cee analizou o drama das pensións.
  • Outubro 2013: Os emigrantes retornados tamén se manifestan nas rúas de Cee.
  • Fonte

    • CIG.

    Comentarios