Os pensionistas volven á rúa
14:18 22/05/18
Esta mañá houbo unha nova mobilización en Cee a favor dunhas pensións, salarios e empregos dignos
Convocados pola CIG - Confederación Intersindical Galega - un cento de veciños e veciñas da zona volveron esta mañá a manifestarse diante da casa do concello de Cee para demandar un emprego, un salario e unhas pensións dignas. Con esta mobilización - que tamén se celebrou noutras 17 cidades e vilas galegas - a central sindical exixe un sistema público de pensións que garanta que se cobren hoxe e tamén no futuro.
Por todos estes motivos e despois das mobilizacións dos últimos meses, a CIG pon a mente na próxima folga xeral que vén de convocar para o 19 de xuño xa que segundo sinalan os integrantes do sindicato é “a arma máis poderosa que temos para defender as pensións públicas” e os dereitos roubados da clase traballadora galega.
Novas relacionadas
-
- 21 maio 18: A nova concentración en Cee polas pensións anima á próxima Folga Xeral
- 1 de maio 18: A cidadanía volveu saír á rúa para berrar contra a precariedade.
- Marzo 18: 400 persoas saen á rúa en Cee para esixir a blindaxe do Sistema Público de Pensións.
- Abril 18; Os PACs tamén se alzaron en pé de guerra por reivindicacións laborais aprobadas no 2008.
- Abril 18: Os pensionistas volveron saír á rúa para reivindicar un sistema público digno.
Fonte
-
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).