![Aspadex en Portugal]()
Un grupo de 60 persoas con discapacidade intelectual, pertencentes á Asociación Aspadex visitaron a finais do mes pasado varias localidades do norte de Portugal, como
Esposende, Braga ou Viana do Castelo ao longo de tres días. Na súa aventura estiveron acompañados de 12 profesionais do centro.
Na excursión houbo tempo para todo, dende probar a deliciosa gastronomía portuguesa ata visitas turísticas, sen esquecer o descanso. No apartado cultural, os participantes salientaron a visita a
Braga, cidade na que coñeceron o
Bon Xesús, a Catedral e o casco vello.
![Aspadex en Portugal]()
Os rapaces tamén se refrescaron na piscina, e practicaron diversas actividades como montar a cabalo, xogos de mesa, paintball, ou tiro con arco. Para rematar, a última noite celebraron unha festa na que non faltou de nada, dende Dj’s ou animadores ata un estriptis.
Dende a organización valoraron a actividade de
“entretida e divertida”, con aspectos positivos como escoitar un idioma diferente ou coñecer novos e fermosos lugares.
Fonte
- Nota de prensa da Asociación Aspadex.