Os Reis Magos xa chegaron á Costa da Morte

15:06 05/01/15

De seguro, que unha das cabagaltas máis multidinarias da bisbarra será a de Santa Comba; xa que conta coa participación directa duns 150 figurantes, todos veciños e veciñas da localidade, de diversas idades, sobre todos nenos.
A comitiva estarà encabezada por mais dunha decena de xinetes locais cos seis cabalos. As sùas Maxestades recorrerán Santa Comba en 4 Góndolas de 16m cada unha, decoradas e iluminadas incluso cunha rèplica da Cidade de Belén, e onde viaxaran os reis e os figurantes, custodiados por un numeroso grupo de Soldados Romanos e Antorcheiras. Ademais, uns 30 anxos teràn un espacio acondicionado en especial para que acompañen ós reis e o neno Xesùs.
Ó paso da comitiva dos reis pola Praza do Campo da Feira haberá un espectáculo pirotécnico de fogos artificiais.
O recinto feiral està decorado cun belén vivinte de 1200 metros cadrados, zona para inchables uns 300 kilos de caramelos aptos para celiacos e máis de un milleiro de bolsas con lambetadas para tódolos nenos que asistan.
A cabalgata saira de Santa Catalina e percorrerá a avenida Alfonso Molina ata a rotonda da Santa, e despois pola avenida de Brasil e a rúa Curros Enríquez ata chegar ó Recinto Feiral.
Baio
Os rapaces de Baio tamén terán a oportunidade de falar cos Reis Magos esta tarde. Para a ocasión, a Asociación Cultural Adro estrea unhas carrozas co fin de que Melchor, Gaspar e Baltasar percorran as rúas da vila a partires das 17 horas. Logo, será a recepción no pavillón deportivo onde os recibirán con inchables, música e agasallos para os máis pequenos.
Cee
A partir das 17.30 h. terá lugar a Visita das Súas Maxestades, os Reis Magos, este ano cunha comitiva de acompañamento con asociacións e grupos culturais do concello de Cee (Terra de Sena, Fumes do Cal, Pedras Miúdas e Petaforte).
Coristanco
Hoxe haberá unha festa no edificio de servizos múltiples, a partir das 17 horas, con música e baile, talleres, animación e agasallos. Os participantes recibirán ás súas maxestades de Oriente, que sairán ás 17.30 horas de Carrefour e chegarán á vila ás 19.00 horas. O día 6 sairán para realizar o seu tradicional percorrido por todas as parroquias. Sairán ás 10.00 da igrexa de Oca e continuarán por Couso, Xaviña, Ferreira, Traba, Rececinde, Agualada, Seavia, San Paio, Erbecedo e Cuns, a onde teñen prevista a chegada ás 13.20 horas. Pola tarde empezarán en Valenza ás 15.00 horas e seguirán por Castro, Verdes e Cereo, onde rematarán a súa visita ás 15.30 horas.
¡E de seguro que os Reis Magos visitan todas as casas dos nenos da Costa da Morte!