mércores. 13.11.2024
El tiempo

Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II)

Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II)
Yaiza Otero ganou o segundo premio do certame de relatos da Fundacion Fernando Blanco de Cee Yaiza Otero ganou o segundo premio do certame de relatos da Fundacion Fernando Blanco de Cee Yaiza Otero Caamaño - do CEIP Santa Eulalia de Dumbría - foi a gañadora do segundo premio do VI concurso de relatos curtos do Certame da Fundación Fernando Blando de Cee. Coa súa obra "Unha verdadeira amizade" gañou 75€ en metálico e un dipoloma. Ao longo destas semanas vimos publicando en QPC os gañadores do concurso de debuxos de Primaria e Secundaria así como o traballo gañador do terceiro premio da Categoría A de relatos curtos – correspondente a alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria -. Sara era unha nena morena, de ollos escuros e cara triste. Tiña nove anos cando se incorporou ao colexio, na metade do 4o curso, pois viña refuxiada dun país que fora bombardeado. Cando chegou ao seu novo colexio custoulle moitísimo adaptarse ao nivel do centro, xa que no seu lugar de orixe apenas existía educación escolar. Os compañeiros de clase non se achegaban a ela pola cor da súa pel, e ela fuxía ao ver agrupacións de rapaces porque lle acordaba a guerra sufrida. Sara non se podía comunicar con ninguén, e os nenos, aínda que a insultaran, ela non se inmutaba. A maioría das clases pasábaas en Educación Especial, polo que os nenos considerábana unha nena deficiente. Por iso, cada vez a deixaban máis de lado. Pero realmente Sara era unha nena moi intelixente e loitadora. Isto descubriuno Noa, unha das alumnas de 4o curso que deixou ao seu grupo de compañeiros un pouco de lado para apoiar e coñecer a Sara. Sara sempre levaba un bolsiño de trapo feito a man e dentro unha libretiña cun bolígrafo todo mordido e sen apenas tinta. Noa, por moito que tentase falar con ela, non conseguía arrincarlle as palabras. Ela sempre miraba para os pés e camiñaba lixeira. Noa pensaba que non lle contestaba porque non entendía o idioma. Levoulle semanas gañar un pouquiño de confianza. Paseaba ao seu carón, dáballe parte da súa merenda, ofrecíalle algunha lambonada, regaláballe algún agasallo feito por ela: pulseiras, chaveiros, ... cando Noa xa non esperaba conseguir nada máis de Sara, ésta paseou ata detrás do colexio, sentou no chan coas pernas cruzadas, e ergueu a man convidando a Noa a que sentara tamén no chan. Entón sacou a súa libretiña do bolso de trapo, e empezou a debuxar coma unha tola. Había debuxos de lume, de armas, de xente tirada no chan con moita sangue. No último debuxo que fixo había unha orella cunha cruz. Nese intre, a Noa comezáronlle a caer as bágoas, e entendeu parte da vida de Sara. Ésta perdera a súa familia e o seu oído no bombardeo. O bolsiño de trapo foi o único recordo que gardaba feito polas mans da súa nai. Noa estaba diante dunha nena xorda!. E prometeu axudala a integrarse no grupo escolar, sen diferenciala dos demais. Na mesma libreta de Sara, Noa debuxou un corazón, e o nome de ambas dentro. Nese momento, Sara levantouse e deulle un abrazo a Noa ata case deixala sen alento. Todos os días, na hora do recreo, Noa ensinaba aos seu amigos linguaxe de signos para poder entenderse con Sara. A todos os nenos gustoulles a idea de poder axudar a Sara a ser feliz, despois de que Noa lles explicara o que lle pasara. Co paso do tempo, Sara, cando chegaba o recreo, corría xunto cos seus novos amigos e xa non fuxía deles. Era xa unha nena integrada e respectada grazas a Noa e a todos os nenos e nenas do colexio.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios