Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os Relatos da Fundación: O paseo de Xoana pola Costa da Morte

Os Relatos da Fundación: O paseo de Xoana pola Costa da Morte
Seguimos recuperando os Premios con concursos da Fundación.

O paseo de Xoana pola Costa da Morte, de Yaiza Otero

Yaiza Canosa Yaiza Otero Xoana era unha rapaza da aldea, de 13 anos, cunha familia con poucos recursos. Non tiña xoguetes, só unha boneca herdada das súas irmás maiores, e unha mochila de tea rota por varios sitios. Ela só ía da casa ao colexio e do colexio a casa. No colexio, cada vez, escoitaba falar máis da Costa da Morte. Ela preguntábase por que se chamaría así: sería perigosa?; podería pasarlle algo?. Un día, moi intrigada, preguntoulle ao seu avó: - “Avó, por que a Costa da Morte lle chaman así?; é perigosa?”. - “Non, a Costa da Morte non é perigosa, é moi fermosa. Un día heiche levar” respondeu o avó esa, e moitas outras veces que lle preguntou Xoana. Pero ese día nunca chegaba. Xoana non se conformaba con esa resposta. Xoana ía para a cama, pechaba os ollos moi forte e imaxinaba como sería a Costa da Morte. O pechar os ollos só vía unha paisaxe escura e deserta. Despois de tanto tempo imaxinando a Costa da Morte, a sorte chegou. Un estranxeiros viñeron pasar aquí as vacacións. Tiñan unha casa alugada na beira do mar. Pero eles ían á aldea a visitar a antiga casa da súa tataravoa, unha casa de lousas de pedra, media esbarrancada, e con silveiras que saían pola cheminea. A filla dos estranxeiros xogaba con Xoana xa que eran da mesma idade. Un día os estranxeiros, Katherin, Joan e a súa filla Betty, convidaron a Xoana a dar un paseo pola Costa da Morte. Xoana, moi contenta, foi consultarllo a súa nai, e súa nai aceptou. Xoana sentouse no asento traseiro cos ollos abertos e sen pestanexar. Estaba impaciente esperando ver aquel lugar, porque ela pensaba que a Costa da Morte era un pobo. O primeiro sitio que visitaron foi a Praia dos Cristais de Laxe. A Xoana pareceulle unha praia moi rara. As poucas veces que fora á praia non era así. - “Por quee esta praia é de cristais?”, preguntou Xoana con interese. - “Porque antigamente, preto de aquí, había un vertedoiro de vidros, e o mar, coa súa furia, encargábase de golpear os vidros contra as pedras, arrastrándoos ata este recuncho, creando así unha fermosa praia de cristais”. Desprazáronse ata outro punto de Laxe onde había unha fermosa estatua que representaba unha muller cun raparigo en brazos. Para Xoana todo era un cúmulo de novidades. Devecida por saber, volveu preguntar: - “Quen é esa muller?”. Os ingleses, que doraban a Costa da Morte, e tiñan moitos coñecementos sobre ela, explicáronlle: - Esta estatua representa á muller dun mariñeiro esperando, co seu meniño en brazos. a que o seu marido chegue a porto. Pero ese barco nunca chegou e levantouse esta estatua en homenaxe a esas nais, esposas e fillas que esperaron polos seus mariñeiros que desgraciadamente nunca chegarían. Chámase “A Espera”. O segundo pobo que visitaron foi Camariñas. Alí, os estranxeiros colleron unhas flores do maleteiro do coche e pousáronas enriba dunha pedra. Xoana quedou sorprendida e preguntoulle a Juan. - “Por que poñedes aí as flores?”. - “Porque hai moitos anos o meu tataravó morreu nun naufraxio aquí, en Camariñas, e enterraron as vítimas neste cemiterio, o cemiterio dos ingleses. Un cemiterio feito exclusivamente para este naufraxio. Xoana quedou abraiada. Dirixíronse ao coche e Xoana atopou unha xoaniña de cor vermella. Colleuna na man e pediu un desexo. A saber que desexo pediu Xoana!. O seguinte sitio que ían visitar era a Virxe da Barca en Muxía, un santuario fermosísima á beira do mar. Alí Xoana viu como s ondas batían nas pedras. Tamén viu como ducias de persoas enriba dunha pedra pegaban chimpos dun lado para o outro. Os ingleses explicáronlle a Xoana que era tradición subir e abalar a pedra, de aí o nome que recibía, a pedra de abalar. Tamén había outras pedras cun simbolismo especial como a pedra dos cadrís, a pedra dos namorados, ... Todas elas teñen as súas propias lendas. Din que estas pedras en conxunto formaban o barco no que chegou a Virxe a Muxía. Despois destas explicacións que Xoana recibiu dos ingleses, metéronse de novo no coche, e ela non dicía palabra. Ía emocionada. Cando xa pensou que ían de volta para a casa, chegaron a un lugar precioso, O Ézaro. Xoana quedou admirada. Ela nunca vira unha cascada tan grande e tan alta. Só vira os pequenos regatos da aldea. De camiño ao coche, colleron todos un xeado e comérono á luz do sol. Xoana, aínda que relambeu e relambeu, non puido desfrutalo moito, posto que os ingleses faláronlle das traxedias da Costa da Morte, sobre todo dos naufraxios que tinguiron a costa de loito. Finalmente foron visitar o fin do mundo, Fisterra. Xoana preguntou: - “Se este é o fin do mundo, non hai mais mundo?”. - “Non, iso era o que pensaban antigamente porque crían que a terra era plana”. Responde Katherin cun sorriso na cara. En Fisterra viron a posta do sol. Ao final chegaron a casa. Xoana, entusiasmada, contoulle todas as súas emocións a súa nai. Pero o primeiro que lle dixo foi: - “Mamá, ti sabías que a Costa da Morte non é un pobo, nin tan lonxe, nin tan escuro?. É un conxunto de pobos, cada un cos súas lendas e traxedias que xa pasaron .... E fermosísima!”. Carme, a nai de Xoana, respondeulle toda contenta, cun sorriso na cara e orgullosa da súa Xoaniña: - “Claro que si meu amor”. E déronse un abrazo moi forte. Corre tralos teus soños, nunca te rindas.
  • Yaiza Otero Caamaño (CEIP Santa Eulalia de Dumbría). 1º Premio Categoría A Relatos (5º e 6º Primaria).
Saúdos  

Gañadores dos Premios Fernando Blanco

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios