Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os traballadores de Ferroatlántica pensan nun novo calendario de mobilizacións se a Xunta non se pronuncia

Os traballadores de Ferroatlántica pensan nun novo calendario de mobilizacións se a Xunta non se pronuncia
Marcha-reivindicativa-por-Ferroatlantica-nas-Alameda-Foto-Rafa-Quintans O pasado sábado tivo lugar en Santiago de Compostela unha manifestación contra a venda de Ferroatlántica. Imae: Rafa Quintáns O Comité de Empresa de Ferroatlántica fai a valoración sobre a manifestación do pasado sábado en Compostela. Así os representantes dos traballadores das fábricas de Cee e Dumbría agradecen a alta participación e implicación da xente da comarca, así como a implicación na marcha a pé durante os 3 días previos no que un número importante de traballadores, veciños e veciñas acompañaron o comité e fixeron noite nos concellos que "colaboraron e se solidarizaron en contra da segregación e do espolio dos recursos naturais", manifestan dende o comité de empresa. Ademais, os representantes dos traballadores agradecen os compañeiros/as que secundaron a xornada de folga apesar "unha vez máis do atrancos e abusivos servizos mínimos que a dirección de empresa impón", sinalan. Tamén destacan a solidariedade dos delegados que se sumaron en Bertamiráns a marcha das fábricas que o grupo Ferroglobe ten en Francia, dos delegados da Mina de Serrabal e dos delegados membros do comité de Sabón que están "resistindo as presións, chantaxes e amezas da empresa por non querer asinar o plan industrial", sinalan. Na marcha do sábado tamén houbo representación política, polo que os traballadores agradécenlle a súa presenza a todos e, especialmente, aos alcaldes dos concellos da Costa da Morte - Cee, Dumbría, Vimianzo, Mazaricos, Carnota, Zas, Corcubión, Muxía, Fisterra e Camariñas - "polo seu compromiso e unidade, dos concellos tamén presentes na manifestación próximos a nosa comarca como o caso de Ponteceso e Carballo entre outros do pais, dos concellos de fóra da comarca que nós recibiron e acolleron durante o percorrido da marcha caso de Negreira e Ames, representantes da Deputación da Coruña e das organizacións políticas representadas polos seus portavoces parlamentarios na pancarta institucional cos alcaldes (BNG, En Marea, PSdeG) e que incansablemete están a presentar iniciativas para evitar a venda e segregación das actividades e sobre todo as mostras de espontaneidade de todo tipo de asociacións, outros comités, autónomos, empresas (que nalgúns casos pecharon os establecementos durante a mesma) e que amosaron o apoio a reivindicación contra a venda das centrais e a non segregación de actividades e evitar o espolio dos nosos recursos naturais”, indican dende o comité de empresa. Preocupación Para os traballadores de Ferroatlántica, todo esto apoio é o resultado da "preocupación e concienciación de toda unha comarca contra a unha decisión puramente especulativa como é a venda das centrais", que levaría a perda de centos de postos de traballo directos e indirectos e graves consecuencias económicas e sociais. Desde o comité de empresa volven a manifestar que "só falaremos dun proxecto industrial que se financie a través dun plan plurianual de reinversións das actividades e beneficios xerados polas concesións, dun plan que respete a legalidade, dun plan que asuma que non hai segregación, porque só así será un verdadeiro plan industrial que xenere postos de traballo, industrialización e riqueza para a comarca e para e para Galiza", inciden. Para os representantes dos traballadores de Ferroatlántica a Xunta de Galicia debe actuar e resolver negativamente a solicitude de autorización presentada pola empresa porque é coñecedora que "a claúsula que Villar Mir pretende eliminar é absolutamente válida e necesaria para protexer o interesepúblico: a actividade industrial e o emprego na costa da Morte. De non actuar así faría que a Xunta de Galicia, ademáis de cómplice con Villar Mir, estaría a incorrer nun posible delito de prevaricación, e de darse iríamos até as últimas consecuencias", sentencian os traballadores.   Por último, dende o comité indican que non cesará súa loita e reinvidicación para evitar a segregación das actividades xa que non caso de que a Xunta non se pronuncie máis pronto que tarde nas próximas semanas un novo calendario de mobilizacións. https://youtu.be/6t0tqm2pits  

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

 

Fonte

Comentarios