Os veciños de Lires puideron disfrutar dos tesouros quentes de Ourense

08:46 19/11/13

Que importante é viaxar e coñecer mundo. Así o pensan os veciños de Lires, que disfrutaron esta pasada fin de semana dunha agradable e interesante viaxe á provincia de Ourense. Nunha excursión organizada por Pedras Miúdas, uns 50 veciños da parroquia e dos arredores disfrutaron de varios dos tesouros da provincia ourensá, tesouros que temos aquí ao lado e que en moitas ocasións aínda non coñecemos.
Amais de visitar a fermosa vila de Allariz tiveron a oportunidade de pasar a mañá nas termas de Outariz. Menudo pracer o de bañarse en pleno inverno ao aire libre e en augas quentes e naturais...
Novas relacionadas
- O Teniente de alcalde de Cee explica a postura do Concello para con Lires.
- A Asociación Pedras Miúdas denuncia a discriminación por parte do Concello.
- Lires, 1968.
Fonte
- Pedras Miúdas.