Martes. 23.04.2024
El tiempo

Óscar Fernández imparte en Cee un obradoiro de iniciación á zanfona

Óscar Fernández imparte en Cee un obradoiro de iniciación á zanfona
oscar-fernandez-zanfona Óscar Ferández imparte un curso de zanfona en Cee. Imaxe: Central Folque O vindeiro 18 de xuño, a escola de música de Cee organiza un obradoiro de iniciación á zanfona impartido por Óscar Fernández. No curso, que terá unha duración de catro horas, abordaranse contidos sobre como funciona unha zanfona, descrición das partes do instrumento, afinación de melodías sinxelas, melodías en grupo,... entre outros temas. O premcio é de 35€ e hai dispoñibles 9 zanfonas doadas polo padroado de Cultura de Narón.  As inscricións deben formalizarse na escola de música en horario de tarde ata o 16 de xuño ou ata agotar as prazas. Oscar Fernández leva dende o ano 2001 impartindo aulas regulares en Narón, Santiago de Compostela e A Coruña. Tamén impartiu cursos en Galicia, Gannat (Francia), Narol (Polonia),Barcelona, Alicante. Participou como zanfonista, compositor e arranxista en grupos como Amadeo Goyanes (As Zanfoneiras de Monforte),Os Cempés, Atlántica Vapora, Doa, bOnOvO, Combo galego-cubano Descarga ao Vivo. O Jarbanzo Negro, En Dúo con Ugia Pedreira, en Dúo con Carlos Quintá. Amadeo Goyanes (As Zanfoneiras de Monforte),Os Cempés, Atlántica Vapora, Doa, bOnOvO, Combo galego-cubano Descarga ao Vivo. O Jarbanzo Negro, en dúo con Ugia Pedreira, en dúo con Carlos Quintá. Fonte

Comentarios