Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pan de Raposo volveu convertir a Escola de Música de Cee nun verxel micolóxico

Pan de Raposo volveu convertir a Escola de Música de Cee nun verxel micolóxico
Xornadas Micoloxicas de Pan de Raposo

Non podía ser doutro xeito. Nin o tempo puido coas esperadas XIV Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, que cada ano artella aAsociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo. A falta de chuvias facía dubidar da presencia de cogumelos polos montes da volta, pero aos especialistas costeiros non se lle escapa unha, e volveron xunta, como estes últimos anos máis de 200 especies de cogumelos na exposición que convertía a Escola de Música nun pequeno reino funghi.

Satisfeitos quedaron os responsables da entidade, entre os que atopamos ao noso colaborador José Manuel Castro Marcote, que nos comenta que “as xornadas sairon ben, con moita asistencia ás conferencias e tamén ás visitas guiadas pola exposición, realizadas por José María Traba Velay e Manuel Pose Carracedo”.

A exposición contaba ademais con moitas especies curiosas ou raras, “seguramente debido as altas temperaturas en estas datas”, explica Marcote, destacando a presencia da “pérfida Amanita phalloides e tamén da raiña dos cogomelos comestibles, Amanita caesarea”, dúas curmáns tan parecidas e tan diferentes, unha mata mentres a outra é unha auténtica delicia.

Este ano, as conferencia foron da man de José María Costa Lago falando dos “Cogomelos raros e interesantes”, e do propio mestre Marcote, que baixou o listón e fixo unha conferencia para os menos especialistas, cun bautismo de “Iniciación ao mundo dos cogomelos”. Tamén o domingo foi o día de Chisco Lema, alcalde de Corcubión que nestes últimos pecha as xornadas cos seus impresionantes vídeos de natureza salvaxe na Costa da Morte.

Houbo tamén presencia escolar, pois como cada ano, os centros ceenses participan cun mural con contidos micolóxicos que fomenta o coñecemento desta ciencia entre a mocidade.

Visita guiada a exposicion das Xornadas Micoloxicas de Pan de Raposo Visita guiada a expo das Xornadas Micoloxicas-Foto-Rafael Quintans Algunhas das especies de cogumelos estranos-Foto_Rafa Quintans Exposición nas Xornadas Micoloxicas de Pan de Raposo en Cee

Novas xornadas en Zas

A próxima cita chega da man da Asociación de Veciños de Loroño, que arma as 1ª Xornadas Micolóxicas Zas 2014, que terán lugar os vindeiros días 7 e 8 de novembro no Centro Sociocultural.
O venres 7 arrincarán cunha charla de iniciación, e para o sábado, ben cedo, unha saída para a recolección de exemplares, con degustación e pola tarde peche con Juan Carlos Larouba Sanchez.

Hai Prazas limitadas. Os interesados en incribirse deberán apuntarse nos seguintes teléfonos: 606 889 707 – 629 807 928 – 677 115 411.

Novas relacionadas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Novas micolóxicas

Outras novas

Fonte

Comentarios