venres. 12.12.2025
El tiempo

Paseniño convoca unhas novas xornadas abertas para abordar os retos educativos do alumnado con NEE e NEAE

Xornadas Pasenino
Paseniño convoca unhas novas xornadas abertas para abordar os retos educativos do alumnado con NEE e NEAE

Seguro que os recortes no ensino público en materia de auxiliares AL e PT que están provocando mobilizacións en toda a comarca, sairán nas conversas. Pero as xornadas abertas que organiza a familia da Asocación Paseniño máis moito máis alá. 

A entidade organiza o vindeiro sábado 20 de decembro, na Casa da Cultura de Cee, a II Xornada-Encontro Paseniño, un evento aberto á comunidade que se enmarca na Escola de Familias Paseniño: Aprendendo Xuntas. “É unha oportunidade para aprender, compartir e construír comunidade arredor da inclusión educativa. Canto máis tecemos redes, máis avanzamos cara a unha educación que responda realmente ás necesidades dos nenos e nenas”, sinalan desde a asociación.

Este programa formativo leva desenvolvéndose ao longo de todo o ano con sesións presenciais sobre comunicación e elaboración de apoios visuais, apoio conductual positivo ou resolución de conflitos, así como microformacións nas redes sociais e vídeos temáticos publicados no canle de YouTube de Paseniño, dispoñibles para calquera persoa interesada.

Neste marco celebrarase agora a xornada final, centrada en “Dificultades e retos educativos en alumnado NEE/NEAE”, aberta a familias, profesorado e profesionais da educación. O encontro pretende promover unha reflexión colectiva sobre a realidade que viven moitos nenos e nenas con necesidades educativas específicas e as súas familias.

As NEE (Necesidades Educativas Especiais) inclúen necesidades derivadas de condicións como TEA, TDAH, discapacidade intelectual, trastornos da comunicación ou grandes dificultades da aprendizaxe. As NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) abranguen tamén dificultades como dislexia, dificultades específicas de aprendizaxe, dificultades de adaptación social ou circunstancias persoais que requiren adaptacións, recursos metodolóxicos ou apoios adicionais.

Programa da xornada:

Publi Encontro Paseniño (Post de Instagram) (3)

A actividade contará con servizo de canguraxe gratuito, que debe solicitarse no formulario dispoñible na web de Paseniño.

Inscricións abertas ata o 15 de decembro en www.pasenino.com

A Asociación Paseniño destaca que a continuidade deste proxecto formativo, así como a realización desta xornada final, non sería posible sen o apoio da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, entidade patrocinadora. A entidade agradece tamén a colaboración do Concello de Cee, que facilita os espazos para as actividades presenciais e contribúe á difusión da iniciativa.

Comentarios