Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cee acolle unha Xornada Formativa sobre a inclusión educativa e o Trastorno do Espectro Autista

Xornadas Autismo Cee
Cee acolle unha Xornada Formativa sobre a inclusión educativa e o Trastorno do Espectro Autista

O vindeiro sábado 15 de abril, a Casa da Cultura de Cee acollerá a II Xornada Formativa sobre TEA. Unha sesión organizada por Marcos Pinaque, na que colabora a Asociación Paseniños, sobre a inclusión educativa e o Trastorno do Espectro do Autismo.

As xornadas arrincarán ás 9:30h e ofrecerán información de calidade ata ás 20:00h. Pola mañá haberá unha charla e unha mesa redonda de asociacións, e pola tarde varios talleres máis concretos.

A entidade recoñece que á nosa zona non chegan moitos recursos nin profesionais e por iso as familia se sinten alleos a esta problemática, aínda que sexa moi habitual.

“Estas xornadas axúdannos a comprender e continuar con máis coñecemento no camiño dun diagnóstico ao que parece que a sociedade só presta atención cando está de preto”, sinala Úrsula Gómez, Secretaria da Asociación Paseniño.

Xa podedes formalizar a vosa inscrición antes do 10 de abril nesta ligazón.

Comentarios