Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Paula Carballeira e o Mago Paco abren o Mes da Fundación

Paula Carballeira en Cee 2
Paula Carballeira no Mes da Fundación. Foto-Rafa Quintáns
Paula Carballeira e o Mago Paco abren o Mes da Fundación

Arrincou a 10ª edición do programa Mes da Fundación Fernando Blanco de Lema, tanto no no seu apartado para o público en xeral como para os centros de ensino.

A semana comezaba cos contos de Paula Carballeira no marco do seu proxecto "Mulleres que viven soas”, que encandilou ao numeroso público que ateigou o Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura.

Paula Carballeira en Cee
Paula Carballeira en Cee- Foto: Rafa Quintáns

Os centros educativos de Cee, e non o puidemos pasalo mellor posto que desfrutamos dun espectáculo de maxia superdivertido da man de O Mago Paco e titulado "Ledicias 2.0”.
Un total de 140 nen@s de 3º e 4º de Primaria do Colexio Manuela Rial e do CEIP Vila de Cee asistiron a esta actividade, e tod@s, incluído o profesorado que os acompañou, pasárono pipa (enviamos fotos e desculpade a calidade).

Vindeiras citas

A vindeira actividade para os colexios será o martes 17 de outubro, con varias sesións de astronomía con planetario portatl a cargo de Íñigo de la Quadra Salcedo e destinado ao alumnado de 5º de Primaria dos colexios antes mencionados.

Antes, o sábado 14, ás 20:45 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Cee, con entrada de balde, e xa dentro da sección para o público en xeral, contaremos cun concerto comentado titulado "Axúdame compañeira a facer foliada: A gaita e a percusión na música tradicional galega" a cargo de Marina Fernández Vigo (gaiteira) e Sandra Pérez Míguez (percusionista).

Marina Fernadez e Sndra Perez Fundacion

Saúdos

Comentarios